Aberto o prazo para solicitar o Tícket Eléctrico Social de Galicia

Dende hoxe, no  Departamento de Servizos Sociais do Concello xa se poderán tramitar as axudas da Xunta de Galicia  para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia.

 Normativa: Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A). Extracto  (DOG nº 10 do 16/01/2017)

Obxecto:Subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).

Contía :Será unha cantidade fixa de 180 € ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, e de 300 € ao ano para as que acrediten ser ademais familia numerosa.

Gastos subvencionables: Serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2016 e o 30 de xuño do 2017. No caso de que unha factura abranga un período que saia en parte do período subvencionable, considerarase subvencionable o custo rateado dos días incluídos nel.

 ----> MÁIS INFORMACIÓN NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA E NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO <---------

 Prazo de presentación: Do 17 de xaneiro ao 15 de xullo de 2017.