Aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de xove

O sábado 7 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VIII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS. A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abreu hoxe, día 22 de agosto a inscrición. Todas as persoas interesadas poderán anotarse ata o LUNS 18 DE SETEMBRO.  

A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.

Por outra banda, decir que inda continúa aberta a Exposición COAS NOSAS MANS X, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. O próximo xoves, 24 de agosto, será o último día que se poderá visitar esta mostra de traballos de bordado e bolillos, na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove.