Clausura Exposición “Coas Nosas Mans X”

Hoxe, día 25 de agosto, tivo lugar a clausura da exposición “Coas Nosas Mans X”. Desde o día 18 de agosto, puidéronse visitar na Sala de Exposicións do Concello de Xove, os traballos realizados polas mulleres participantes aos cursos municipais de tempo libre de Bordado e Bolillos. Un total de 50 traballos artesanais, entre manteis, coxíns e sabas bordados, abanicos, panos, bolsos de encaixe de palillos,... estiveron expostos estes días.