Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
Prazas e quendas convocadas: Convócanse 208.500 prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.
Sen perxuizo do anterior, a oferta de prazas poderá incrementarse, sen necesidade de nova convocatoria, coas que resulten dos novos contratos que formalice o Imserso no ano 2017 cos establecementos termais.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.
O programa desenvolverase entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2018.
O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.
As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2016, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:
Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de trámites
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2017, os seus expedientes estén completos.