Día Internacional da Muller en Xove 2018

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Estas actividades comezaron hoxe, ás 13:00 h. na Praza do Concello, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón na concentración e lectura do Manifesto “Qerémonos libres e iguais”.  

 

Este acto contou coa colaboración do IES Illa de Sarón.    

   Domingo, 11 de marzo: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, XI  CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”.

 Xoves,22 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” PRACER SEGURO, SEGURO PRACER. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 14 e 0s 18 anos. Inscrición ata o 17 de marzo, no Centro Xuvenil.