Programa de Benestar en balnearios 2019

 Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove dáse a conocer a nova convocatoria de  un total de 700 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios da Xunta de Galicia. 

*****Prazo de presentación de solicitudes   : ata o 2 de maio de 2019.

 

Persoas beneficiarias e requisitos

1. Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.

d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

f) ) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

2. A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

a) O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.

b) Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos anteriores, agás o da letra a).

c) Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados anteriormente.

3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Servizos e prestacións que se inclúen

a) Estadía de 10 días, 9 noites.

b) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.

c) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:

d) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro, residencial ou termal.

e) Póliza colectiva de seguro turístico.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS607A

Para a tramitación destas solicitudes poderán consultarse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade (DNI), ou número de identificación de estranxeiro (NIE), segundo proceda, relativo á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

b) Certificado de empadroamento relativo á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

c) Declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período no que se presente a solicitude ou certificado das pensións outorgadas polo INSS ou pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

d) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado foi expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas ou acompañantes se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude ou nos anexos II ou III, segundo proceda, e achegar os documentos acreditativos correspondentes.

En todo caso, e cando proceda, terán que xuntar os seguintes documentos:

  1. Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso á que se acompaña.
  2. Libro de familia da persoa solicitante, no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
  3. Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
  4. Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non foi expedido pola Xunta de Galicia ou non estiver no poder desta.
  5. Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial.

A documentación complementaria tamén se presentará preferiblemente por vía electrónica

* En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de tres destinos por orde de prioridade.

Valoración de solicitudes

Adxudicación de prazas

Para que a adxudicación de prazas sexa definitiva, as persoas ás que se lles concede praza terán que enviar, ao lugar e no prazo que se lles indique, o documento de aceptación da praza xunto co xustificante de ter aboado o importe de reserva de praza no balneario adxudicado.

Máis Información:

Os establecementos termais nos que se ofertan as prazas así como as datas nas que se van levar a cabo as quendas e o prezo por praza son os que figuran no seguinte  ----->ANEXO IV <-------