Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Actos Conmemorativos

A Oficina de Información Xuvenil e as Concellerías de Igualdade, Xuventude e Cultura do Concello de Xove, organizaron onte os actos conmemorativos do “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, no pavillón municipal unha Gymkana pola igualdade, na que participaron rapaces e rapazas do municipio. Posteriormente na praza do concello soltáronse luminarias en memoria das vítimas.

Os actos conmemorativos rematarán hoxe, domingo 24, as 19:00 horas coa obra de teatro “Iriña Bailarina”, representada polo Teatro dos Gazafelhos.  MÁIS FOTOS EN FACEBOOK-->