BECAS E AXUDAS AO ESTUDO CURSO 2020/2021
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2020/2021 abarcará DO 20 DE OUTUBRO AO 09 DE NOVEMBRO DE 2020
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:
- Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais ou na Sede Electrónica do Concello).
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda.
- Notas acadadas no curso 2019/2020, con excepción de educación infantil e primaria.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...).
- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.
ANEXOS
DOCUMENTACION NECESARIA
NO CASO DE QUE DESEXE FACER A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE A TRAVES DA SEDE ELECTRONICA (con certificado dixital ou CHAVE365)
UTILICE A INSTANCIA XERAL E ADXUNTE A DOCUMENTACIÓN. -----> ENLACE -->