PRAZAS EN RESIDENCIAS XUVENÍS
Orde do 9 de xuño de 2010 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2010/2011 (DOG nº 117 do 22/06/2010).
■ Obxecto: Ofertar prazas para mozos e mozas estudantes nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e  Benestar, no réxime de internado, para o curso académico 2010/2011 (dende o 16 de setembro de 2010 ao 15 de xullo de 2011).
Prazas en  réxime de internado home/muller por residencia:

■ Requisitos: Posuír nacionalidades española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España no momento da solicitude da praza.
Que non supere os 30 anos de idade antes da data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente ou ben, mentres no se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante, agás que, existindo, o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade da residencia familiar.
Non ter perdido a condición de residente por causa imputable ao solicitante.
■ Documentación: Solicitude
Certificación académica na que figure a notas das disciplinas correspondente ao último curso.
Copia compulsada do DNI para españois ou equivalente para estranxeiros da UE,ou tarxeta de residencia, no caso de naturais doutros países expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
Copia compulsada da preinscrición na facultade ou escola universitaria, ou ciclo formativo de grao superior ou grao medio para os que vaian cursa-lo 1º ano de ditos estudos. No caso de estudantes de bacharelato solicitude de praza no centro no que se vaia a cursar estudos.
Fotocopia compulsada do libro de familia ou do título de familia numerosa, se é o caso.
Xustificación dos ingresos da unidade familiar: copia compulsada da declaración da renda do último exercicio, de cada membro da unidade familiar obrigado a declarar.
Certificado de convivencia dos membros compoñentes da unidade familiar.
Acreditación da condición de orfo, se é o caso.
Acreditación da condición de minusvalidez igual ou superior ao 33% de calquera membro da unidade familiar.
Acreditación da situación de desemprego sen prestación económica do pai e nai.
Certificado de empadroamento que acredite posuír residencia familiar en Galicia ou ser fillo/a de emigrantes no caso de que o interesado non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de residencia.
Acreditación da situación de desemprego sen prestación económica do pai e/ou da nai.
■ Lugar de presentación: Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
Nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992
■ Prazo de solicitude:
15 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da orde. Ata o 9 de xullo de 2010.