EXPOSICIÓN “COAS NOSAS MAS III”
Onte, día 20 de agosto,  inagurouse na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, a Exposición “Coas Nosas Mans III”, coa presenza do Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad e as profesoras de bordado Carmen García e de bolillos Mercedes Barro, estas últimas encargadas da montaxe.
A Exposición recolle traballos realizados nos obradoiros municipais  de Bolillos e Bordado durante o curso 2009/2010.
Nesta mostra pódense contemplar cerca de 50 traballos artesanais, entre os que se poden ver : tapetes, toallas, cortinas, puntillas, etc.. e diferentes técnicas de elaboración como, frivolité, ganchillo, encaixes,…
En definitiva, trátase dunha exposición moi vistosa e variada, que poderá visitarse ininterrumpidamente dende o 20 ata o 31 de  agosto, no seguinte horario:
-Diariamente de 9:30 a 13:30 pola mañá e de 16:30 a 20:30 pola tarde, estando pechada pola mañá os luns e martes.
Esta Exposición está organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade do Concello de Xove.