Actividade de educación vial na Escola Infantil
A Escola Infantil de Xove levou a cabo unha actividade de EDUCACIÒN VIAL na que participaron tódolos nenos da Escola Infantil de Xove. Na mesma tomaron un primeiro contacto  sobre normas e sinais de circulación (pasos de pións, sinais de stop, semáforos,…). Xunto a isto, elaboraron fichas nas aulas, e tamén participaron nun circuito vial recreado no patio da Escola Infantil, onde recibiron a visita do coche de bombeiros e da Policía Local.

carreirapekes