Taller de memoria en Xove
Hoxe, en horario de 10:00 a 11:30 horas, comezou a primeira sesión do TALLER DE MEMORIA EN XOVE, actividade dirixida a persoas maiores de 60 anos que desexen mellorar a súa memoria. Para isto, a profesora do Taller Angélica Casabella, ensínalles unha serie de técnicas que os asistentes poden poñer en práctica dunha maneira fácil na súa vida cotiá.

Ao taller apuntáronse 29 persoas, algúns procedentes da Escola de Maiores e outros novos que asisten por primeira. O lugar onde se celebra o taller é o Centro de Día, ubicado nun baixo da Residencia de San Bartolomeu. O horario é de 10:00 a 11:30 horas de luns a venres.

As 29 persoas, por cuestións de operatividade, están divididas en tres grupos de 10. Cada taller dura 8 sesións, con dúas sesións á semana no caso dos dous primeiros grupos. O grupo A  vai os luns e xoves, o grupo B os martes e venres e o grupo C os mércores. Este último grupo, onde están incluidos as persoas máis maiores,  acude só os mércores, polo que o seu taller vaise desenvolver os meses de xullo e agosto.