Premios do concurso de caretas 2012...

Este Concurso, organizado por segundo ano consecutivo pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Municipal de Xove, constitúe o primeiro gran acto do ANTROIDO 2012 no Concello de Xove.
O Concurso, destinado aos nenos/as e rapaces/as o CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, conta con cinco categorías segundo idades.  En cada categoría hai tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro, inda que este ano, na categoría de 1º a 4º de ESO o xurado decideu dar dous terceiros premios dado o alto nivel acadado polas caretas presentadas.
O xurado do Concurso estivo composto por Dª Lucía Prado Fernández en representación da Asociación “Bolboretas”, por Dª Albano Riveira Paleo en representación da Asociación “Pao da Vella” e por Dª Élida Álvarez Otero en representación da Biblioteca Municipal. Dende aquí queremos agradecerlle tanto a Asociación “Bolboretas” como a Asociación “Pao da Vella” a súa colaboración con este Concurso.
A relación de Premiados/as neste Concurso é a seguinte:

Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

Categoría 1º e 2º de Primaria:

Categoría 3º e 4º de Primaria:

Categoría 5º e 6º de Primaria:

   Categoría 1º a 4 º de ESO:

   Os premios deste Concurso, que consisten en libros e material escolar, vanse entregar o sábado 18 de febreiro, o Día Grande do Antroido en Xove, no intermedio do Baile de Disfraces Infantil que se vai desenvolver no Pavillón Municipal de Deportes a partires das 18:30 horas.

   Para tódalas persoas que queiran ver as caretas gañadoras do Concurso, decir que están expostas na Biblioteca Municipal de Xove.