Día do neno en Xove

Hoxe, víspera de Reis, é o gran día para tódolos nenos/as e rapaces/as do noso Concello.  O Programa que a Concellería de Cultura preparou para esta data tan entrañable é extenso e sobretodo intenso. Comezamos as actividades pola mañá na Piscina Municipal  con XOGOS ACUÁTICOS, os cales desenvolvéronse dende as 11:00 ás 14:00 horas e das 16:30 ás 18:30 horas.

Seguindo con xogos, dende as 16:30 ás 18:30 horas pudieron disfrutar no Pavillón Municipal de Deportes dunha festa con INCHABLES como “La Granja”, “Pista Americana”, “Futbolín Humano”, “Tobogán 2 Rampas”, “Cárcel”, “Platanito” e “Casa Paiaso”. Tamén contou esta Festa cun “Toro Mecánico” e dous obradoiros, un de chapas e outro de globos.

 

Ás 19:00 horas, comezou a Cabalgata de Reis, na cal os reis de Oriente saindo da zona do Campo Municipal de Fútbol percorreron as rúas de Xove, pasando polo rúa Acceso Grupo Escolar, cortando pola Avenida Deputación e percorrendo a maior parte da mesma, desviándose á esquerda por Doutor Baamonde Illade para cegar á Rúa Camiño Real, e dahí seguido ata o Pavillón, onde os Reis tiñan instalados os seus Tronos.  Na Cabalgata, os Reis viñan cada un na súa carroza, acompañados por outras tantas onde ían os regalos, así como os paxes correspondentes a cada Rei.

Xa no Pavillón, estiveron atendendo a un montón nenos/as, e aproveitaron tamén para entregar os premios do CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2011-2012, premios que recolleron un total de 16 nenos/as e rapaces/as. Recordamos que unha das postales gañadoras neste Concurso vai ser utilizada polo Concello como Felicitación de Nadal para o vindeiro Nadal 2012-2013.

Despois da marcha dos Reis a outros lugares,  continuou a Festa con hinchables e outros xogos  no Pavillón ata as 23:00 horas, podendo así disfrutar os nenos e rapaces dun bó rato máis de xogos.

Decir, por último, que todas estas actividades organizadas polo Concello a través da Concellería de Cultura, tiveron un carácter totalmente libre e gratuito.