Actividades de outono de Servizos Sociais

A Delegación de Servizos Sociais e Xuventude do Concello vai desenvolver durante este outono toda unha serie de actividades, segundo os distintos departamentos:

Actividades de xuventude:.-

ELABORACIÓN DE LISTA DE VOLUNTARIOS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado esta a traballar en moitos proxectos con voluntarios;  dende o concello de Xove pensamos que sería interesante para os nosos xóvenes participar neste tipo de actividades polo cal se está a elaborar  unha lista con todas aquelas persoas que estén interesadas e dispostas a  participar  como voluntarias. Para apuntarse hai que  pasar pola Oficina de Información Xuvenil ou mandar un correo co nome e  un teléfono de contacto.