Becas & Axudas ó Estudo 2012-2013

O vindeiro LUNS 15 DE OUTUBRO ábrese o prazo no Concello de Xove para solicitar bolsas e axudas ao estudio para o Curso 2012-2013, que vai estar aberto ata o 20 de novembro, incluido. A tramitación dos expedientes de solicitude hai que realizala no Departamento de Servizos Sociais do Concello.  

En canto ás contías de cada modalidade, temos: 

 A contía prevista para esta actuación na presente convocatoria é 40.000 euros

     bases_becas2012-2013  

4.- Forma de adxudicación da concesión da subvención: Concorrencia non competitiva. Esta convocatoria tramitarase polo procedemento establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, tendo en conta que, polo obxecto e finalidade das axudas non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

Ao tratarse de un procedemento administrativo que non leva aparellado o esgotamento do crédito nun só acto de concesión senon que a súa disposición se realiza en actos sucesivos, e tal e como dispón o artigo 31.4 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, no momento do esgotamento da partida orzamentaria asignada non poderán admitirse posteriores solicitudes destinadas a participar del, salvo que se recurra a un incremento do crédito orzamentario ou se recurra a unha nova convocatoria, do xeito establecido no artigo 31.2 da lei anterior.

5.- Orzamento.-A contía prevista para esta actuación na presente convocatoria é 40.000 euros con cargo á aplicación 324.481 do orzamento do presente ano 2012.

6.- Contía das axudas
O Concello de Xove abonará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nestas bases por alumno ou alumna segundo a renda per cápita familiar (englobando os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia) que consta na declaración do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas presentada no ano da solicitude.

 As dotacións das bolsas son as seguintes:

 1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €

2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €

3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha

4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:

a.- Preescolar: 65,00 €

b.- Primaria e ESO: 60,00 €

c.- Bacharelato: 125,00 €

d.- Ciclos formativos: 125,00 €

5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.

 7.- Gastos subvencionablesSon subvencionables os gastos nos que se incurre pola realización dos estudos a que se fai referencia no punto 3 da presente convocatoria.

 8.- Presentación de solicitudes de subvención

  1. Data límite de presentación de solicitudes O prazo de presentación das solicitudes será de 31 días hábiles contados a partir do 15 de outubro, entendéndose como último día hábil para a presentación de solicitudes o 20 de novembro. Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sin que en ningún caso a duración de dita prórroga poida exceder de 10 días.
  1. Documentación a presentar: impreso oficial completo acompañado da documentación esixida nas bases reguladoras da presente convocatoria.
  1. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Xove. Camiño Real, s/n; 27880, Xove (Lugo)

Asímesmo, tamén poderán presentarse ditas instancias no rexistro e oficinas, de acordo co previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

9.- Resolución do procedemento: Xunta de Goberno Local, previo informe-proposta do Departamento de Servizos Sociais. Non obstante, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e con carácter previo á celebración da sesión da Xunta de Goberno e para a valoración das solicitudes presentadas, reunirase a Xunta Municipal de Portavoces, asistida pola Traballadora Social, Interventora Municipal, ou persoas en quen deleguen, levantándose Acta polo Secretario Municipal.

 

10.- Xustificación e pagamento O pago das bolsas e axudas realizarase mediante cheque ou transferencia bancaria, en función das disponibilidades da tesourería municipal, unha vez que a Xunta de Goberno Local adopte acordo aprobatorio da concesión das mesmas.

Será requisito indispensable para o libramento da axuda aportar a seguinte documentación:

 

11.- Obrigas dos beneficiarios da subvención

Son obrigas dos beneficiarios de bolsas ou axudas ao estudo as seguintes:

 

12.- Outras informacións No Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove. Teléfono: 982.59.20.01