Aluguer das antigas vivendas de mestres

Polo presente faise público que no prazo dos 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste Anuncio no BOP de Lugo poderánse presenta-las solicitudes para participar no procedemento de adxudicación en réxime de aluguer con renda social  por prazo de un ano, de tres vivendas de titularidade municipal ubicadas na Rúa Agramonte (antigas vivendas de mestres). As bases regulamentadoras do procedemento asi como os impresos e modelos a cumplimentar, atopánse o dispor dos interesados nas dependencias dos Servicios Sociais Municipais.

Lembrase que, entre outros, é requisito necesario para ser admitido que o solicitante asi como a súa unidade familiar ou de convivencia leven empadroados e con  residencia efectiva ininterrompida no Concello de Xove desde polo menos o 1 de xaneiro de 2009.

Xove a 22 de novembro de 2012.- O ALCALDE, José Demetrio Salgueiro Rapa.