Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Ioga ó Aire Libre
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Viernes, 28 Marzo 2025 14:20
-
Última actualización en Viernes, 28 Marzo 2025 14:20
-
Publicado el Viernes, 28 Marzo 2025 14:20

Reserva de plaza Escola Infantil 2025/2026
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 25 Marzo 2025 08:39
-
Última actualización en Martes, 25 Marzo 2025 08:46
-
Publicado el Martes, 25 Marzo 2025 08:39

Coñece o teu ciclo menstrual
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 19 Marzo 2025 14:27
-
Última actualización en Miércoles, 19 Marzo 2025 14:27
-
Publicado el Miércoles, 19 Marzo 2025 14:27

Charla Nutrición día 14 de marzo
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 12 Marzo 2025 12:39
-
Última actualización en Miércoles, 12 Marzo 2025 12:39
-
Publicado el Miércoles, 12 Marzo 2025 12:39
O Concello de Xove desde o Departamento de Servizos Soiais, segue coas actividades dentro do programa "En Xove marzo é o mes da muller", este venres día 14 ás 19:00, no salón de actos, terá lugar unha charla que leva por título "Alimentación nas distitas etapas da muller", será impartida pola dietista Saray Rio, especialista en nutrición clínica e educación nutricional, e fundadora de "www.nutretuplato.es". Nesta charla Saray vainos enseñar a adaptar a alimentación según as necesidades de cada fase, desmentindo mitos e ofrecendo consellos prácticos.
Agardamos que sexa do voso interese, podamos compartir e seguir aprendendo entre todas.
Se tedes calquer dúbida, podedes poñervos en contacto co Departamento de Servizos Sociais, no Tfno 982.59.20.01.

Taller:De onde veñen os bebés
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Viernes, 24 Xaneiro 2025 11:25
-
Última actualización en Viernes, 24 Xaneiro 2025 11:26
-
Publicado el Viernes, 24 Xaneiro 2025 11:25
Taller que terá lugar o vindeiro día 8 de febreiro dirixido a nenos e nenas entre 4 e 7 anos que impartirá María González Cociña (matrona e fundadora do Centro M. de Burela).
Para asistir deberase formalizar inscrición no Departamento de Servizos Sociais ata o 5 de febreiro.

Turismo do Imserso na tempada 2024-2025
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Jueves, 19 Decembro 2024 08:24
-
Última actualización en Jueves, 19 Decembro 2024 08:25
-
Publicado el Jueves, 19 Decembro 2024 08:24
Novo prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Turismo do Imserso na tempada 2024-2025
Finalizado o prazo ordinario de presentación de solicitudes que, para a tempada 2024-2025, estendeuse, do 1 ao 22 de xullo de 2024, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) informa que desde o mércores 13 de novembro de 2024 permanecerá aberto, aproximadamente ata o mes de maio de 2025, un novo prazo de presentación para participar no Programa de Turismo para persoas maiores que xestiona este Instituto.

As persoas interesadas que non estean dadas de alta e que cumpran cos requisitos legais de participación, deberán cubrir a solicitude e presentala por calquera dos medios previstos na Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso:
- Recoméndase a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso. O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
- Descargando o formulario de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2024-2025. Unha vez cuberto deberá remitilo por algún dos seguintes medios:
- A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o programa de Turismo do Imserso.
- En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140, 28080 Madrid.
A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso poida ditar a Resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio ou poderá descargala na súa Dirección Electrónica Habilitada Única; desta forma, o titular da acreditación, poderá reservar e comprar as prazas dispoñibles.
Imserso
Xuntos polo Nadal 2024
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 13 Novembro 2024 11:54
-
Última actualización en Jueves, 14 Novembro 2024 13:08
-
Publicado el Miércoles, 13 Novembro 2024 11:54

AXUDAS AO ESTUDO CURSO 2024/2025
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 02 Outubro 2024 23:13
-
Última actualización en Miércoles, 02 Outubro 2024 23:33
-
Publicado el Miércoles, 02 Outubro 2024 23:13
Xa está Aberto o prazo, ata o 22 de outubro, para solicitar as axudas ao estudo para o curso 2024/2025
As modalidades de bolsas e axudas ao estudo son as seguintes:
- MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.

- MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
- MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación.
- MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
- MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
- MODALIDADE 6.- Axudas para master
Os requisitos das persoas solicitantes son:
Os interesados na concesión dunha bolsa ou axuda ao estudo deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectivo do núcleo familiar no Concello de Xove, e en caso de independencia do solicitante, que se considerará tal se en o momento da solicitude ten contrato de traballo en vigor, requirirase o empadroamento e residencia efectivo persoal. Ademais, no caso das axudas da Modalidade 1 de bolsas e axudas ao estudo universitario, é condición indispensable non ter máis de dúas materias suspensas de cursos anteriores, a condición de que o alumno estea matriculado dun curso completo ou dun número de materias non inferior a cinco. E así proporcionalmente ao número de materias.
Así mesmo, para obter o total da axuda da modalidade 6 de master, deberá acreditarse documentalmente un gasto superior á cantidade para conceder, entendéndose como gastos a xustificar os derivados da matrícula, gastos de estancia, gastos de desprazamentos, gastos de alimentación e/ou gastos de material, e no caso de non xustificar o total da axuda, esta prorratearase.
Os gastos deberán ser xustificados con facturas, taxas de matrícula, contratos (estancia) ou calquera outro gasto que acredite fidedignamente a realización do gasto sen admitirse simples recibos nin declaracións.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS/AS SOLICITANTES
a).- Impreso de solicitude
b).- Fotocopia do D.N.I. ou N.I. F. do solicitante
c).- Fotocopia do Libro de Familia
d).- Certificado de empadroamento e convivencia, que será expedido de oficio polo Concello
e).- Certificado ou acreditación de estar matriculado nos estudos para os que se solicita a axuda
f).- Copia cotexada da declaración da renda de todos os maiores de idade da unidade de convivencia.
Caso de non estar obrigados a presentar tal declaración, presentaranse nóminas ou certificacións acreditativas dos ingresos obtidos durante o pasado ano, así como certificación da AEAT de non atoparse dentro do censo de declarantes.
Para o caso de ingresos que non podan ser demostrados documentalmente, requirirase unha declaración xurada do solicitante.
g).- Xustificante das contías das pensións que se perciban por parte dalgún membro da unidade de convivencia.
h).- Notas conseguidas no curso anterior, con excepción de educación infantil e primaria.
i). Para aqueles solicitantes para os que a contía da axuda iguale ou excceda de 3.000.€ Certificación de non ter débedas tributarias coa AEAT e a Facenda Autonómica nin coa Seguridade Social, sempre que na solicitude non autorice ao Concello de Xove a obter de oficio as mencionadas certificacións.
j).- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento dos deberes tributarios co Concello de Xove, que será expedido de oficio polo Concello.
k).- Declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade, no modelo normalizado.
l).- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.
m).- Certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, deberes e condicións necesarios para a obtención da bolsa, no modelo normalizado.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
BASES REGULADORAS BECAS
SOLICITUDE
DECLARACIÓN REQUISITOS
DECLARACION DOUTRAS AXUDAS
DECLARACIÓN RESPONSABLE
Obradoiros “Sexualidade na adolescencia”e “Alimentación na infancia”
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Viernes, 27 Setembro 2024 11:43
-
Última actualización en Viernes, 27 Setembro 2024 11:49
-
Publicado el Viernes, 27 Setembro 2024 11:43
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove acollerá os vindeiros días 8 e 10 de outubro os obradoiros “Sexualidade na adolescencia”e “Alimentación na infancia”, que serán impartidos por Noelia Goás Gómez, matrona no Centro de Saúde de Vilalba e que terán lugar na Aula de formación do Concello, de maneira gratuíta e, do seguinte modo:
- “Sexualidade na adolescencia”, dirixido a pais/nais e/o persoas coidadoras: Os días 8 e 10 de outubro en horario de 18:30 a 21:00 hs.
- Alimentación na infancia”, que se repartirá en dúas partes:
- Aimentación no 1º ano de vida (lactancia materna, lactancia artificial e primeiros alimentos): o día 8 de outubro en horario de 16:00 a 18:30 hs.
- Alimentación a partir do 1º ano de vida: O día 10 de outubro en horio de 16:00 a 18:30 hs.
As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 4 de outubro (inclusive) no Departamento de Servizos Sociais de maneira física ou no teléfono 982 592 001.


Axudas ao Estudo nas modalidades de Comedor Estancia e Transporte Curso 2023/2024
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Lunes, 05 Agosto 2024 17:11
-
Última actualización en Lunes, 05 Agosto 2024 17:15
-
Publicado el Lunes, 05 Agosto 2024 17:11
PRAZO PARA SOLICITAR: DO 05 DE AGOSTO AO 03 DE SETEMBRO DE 2024
As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:
A) Gastos de comedor para:
Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que ao regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros.
4.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
5.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
6.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
As axudas recollidas neste apartado B) serán incompatibles con outras axudas estatais ou autonómicas da mesma modalidade.
As axudas recollidas neste apartado C) serán incompatibles coas axudas ao estudo do Concello de Xove na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, agás naqueles casos nos que este bonobús non cubra a totalidade do traxecto.
Aos efectos das presentes Bases, enténdese por Axuda ao estudo “toda cantidade ou beneficio que o Concello de Xove conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias”
.- As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.
.- A renda per cápita familiar non poderá superar as contías seguintes:
Para axudas de transporte e estancia: sen límite.
Para axudas de comedor, con limite 7.500.-€/renda per cápita.
.- Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os/as estudantes deberán presentar o boletín de notas ou certificado do centro educativo de terse presentado alomenos ao 50% das materias correspondentes a matrícula.
.- No caso das axudas ao desprazamento recollidas no apartado 1 desa modalidade, os/as estudantes deberán aportar certificado do centro de ensino do horario escolar para xustificar que éste non é compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
Taller de Sexo en Xove
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 14 Febreiro 2024 14:59
-
Última actualización en Miércoles, 14 Febreiro 2024 14:59
-
Publicado el Miércoles, 14 Febreiro 2024 14:59

TERMALISMO SOCIAL IMSERSO.-TEMPORADA 2024
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 12 Decembro 2023 12:26
-
Última actualización en Martes, 12 Decembro 2023 12:28
-
Publicado el Martes, 12 Decembro 2023 12:26
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2024.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2024.
Prioritariamente a presentación de novas solicitudes realizarase de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso (https://sede.imserso.gob.es). O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
Ademais, poderanse presentar en:

Programa Xuntos Polo Nadal 2023
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 14 Novembro 2023 16:36
-
Última actualización en Martes, 14 Novembro 2023 17:03
-
Publicado el Martes, 14 Novembro 2023 16:36
PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroado nalgún concello galego.
c) Vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
Recoméndase estar vacinado fronte a COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.
PRAZO E LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Ata o día 8 de decembro de 2023 (incluído)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e dirixiranse á xefatura territorial correspondente en función do ámbito territorial do solicitante.
PARA MAIS INFORMACIÓN:Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove.- Telf.: 982592001.- E-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
-- --> web da Xunta : Xuntos polo Nadal 2023 | Política Social (xunta.gal)

Novo prazo solicitudes Turismo Imserso 2023-2024
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Jueves, 09 Novembro 2023 11:25
-
Última actualización en Jueves, 09 Novembro 2023 12:05
-
Publicado el Jueves, 09 Novembro 2023 11:25
Novo prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Turismo do Imserso na tempada 2023-2024 O Imserso informa que desde o 06/11/2023 hasta 01/05/2024 abrese un novo prazo de presentación para participar no Programa de Turismo para persoas maiores que xestiona este Instituto.
Todas as persoas interesadas en poder gozar das viaxes que non estean dadas de alta e que cumpran cos requisitos legais de participación, deberán cubrir a solicitude e presentala por calquera dos medios previstos na Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso:
- De forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso. Este procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
- Descargando o formulario de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2023-2024 -->DESCARGAR Solicitude . Unha vez cuberto deberá remitilo por algún dos seguintes medios:
- A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o programa de Turismo do Imserso.
- En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140, 28080 Madrid.
A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso, tras efectuar as comprobacións oportunas, poida ditar a Resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio ou poderá descargala na súa Dirección Electrónica Habilitada Única; desta forma, o titular da acreditación, poderá reservar e comprar as prazas dispoñibles.
Máis información Información sobre ou Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO 2022-2023 E NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE XOVE (982-592001)
Programa de Turismo del Imserso - Sede Electrónica - Instituto de Mayores y Servicios Sociales

Bonificación IBI familias numerosas
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Jueves, 02 Novembro 2023 14:04
-
Última actualización en Jueves, 02 Novembro 2023 14:06
-
Publicado el Jueves, 02 Novembro 2023 14:04
Recordatorio
Desde o departamento de servizos sociais se recorda a todas as familias numerosas recoñecidas, tanto as de categoría xeral como especial, que desexen beneficiarse do dereito á bonificación na cota íntegra do imposto de bens inmobles no exercicio 2024, deberán presentar a solicitude antes do 31 de decembro deste ano.
As solicitudes facilitaranse nas oficinas xerais do concello e deberán aportar a seguinte documentación:
ü Certificado de empadronamento no concello de xove de todas as persoas integrantes da unidade familiar.
ü Copia auténtica do documento que acredite a propiedade do inmoble
ü Certificación ou documento análogo acreditativo da condición de familia numerosa, expedida polo órgano competente da comunidade autónoma de galicia ou das restantes comunidades autónomas.
.

Becas e Axudas ó Estudo 2023/2024
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Lunes, 16 Outubro 2023 11:02
-
Última actualización en Miércoles, 08 Novembro 2023 11:17
-
Publicado el Lunes, 16 Outubro 2023 11:02
Hoy se publicó en el BOP la convocatoria de las ayudas al estudio para el curso 2023/2024. --- BASES BECAS 2023-2024
Plazo de presentación de solicitudes: Desde hoy hasta el 6 de noviembre. Por Decreto de Alcaldía se aprobó la ampliación del plazo para la presentación de las solicitudes de ayudas al estudio para el curso 2023/2024, que finalizará el 13 de este mes.
Modalidades de las ayudas
- MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
- MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
- MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación.
- MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
- MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
- MODALIDADE 6.- Axudas para máster
Más información en el Departamento de Servicios Sociales Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. (982-592001)
Tenemos un programa especifico para hacer las solicitudes, y solo habría que aportar la documentacion requerida
Si se prefiere hacer On-Line habría que usar la "instancia Xeral" y adjuntar el resto de la documentación.
Listado con DOCUMENTACION NECESARIA (PDF)
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|