Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Apertura plazo solicitudes becas Transporte e Comedor 2015-2016

Anuncio de convocatoria de Becas para transporte e comedor que se abre hoxe o plazo, hasta o VENRES 15 de xullo de 2016

---> a convocatoria pódese obter  no portal transparencia <---------

Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as  Bases  reguladoras  da  concesión  de  bolsas  e  axudas  ao  estudo,  cursen  estudos  en  ciclos  formativos  existentes  en  San  Cibrao,  Viveiro  ou  Burela,  en  concepto  de  desprazamento  ou transporte; así como aqueles outros estudantes que precisen comer fóra de Xove a causa dos  seus estudos.

 

 

A Escola Infantil celebrou o día das Letras Galegas...

Os nenos/as da Escola Infantil de Xove disfrutaron do seu Día das Letras Galegas;  neste caso a celebración desenvolveuse o luns 16 e contou coa participación dun grupo de Saiñas, concretamente unha parella de bailaríns e tres cantareiras, que fixeron as delicias dos nenos da EScola cos seus bailes e as súas músicas.

Xornada de Primeiros Auxilios da Escola de Maiores

Hoxe,  21 de abril, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Xove unha Xornada de Primeiros Auxilios, que forma parte das actividades da programación da Escola de Maiores. A esta charla acudiron persoas dos tres grupos da Escola, que se amosaron moi interados por temas relacionados coa súa vida persoal e entorno, participando de forma activa durante toda a actividade e valorando de forma moi positiva a información recibida.

Esta xornada foi impartida por persoal de Universidade de Santiago de Compostela e é complementaria doutra anterior impartida o pasado mes.  Na mesma coñeceron o funcionamento dun desfibrilador e a maniobra de reanimación cardio-pulmonar.

Axudas da Xunta de Galicia a personas con discapacidade

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal

Normativa: Orde do 8 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade. (DOG nº 53 do 17/03/2016)

Obxecto:Convocar axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade colaborar neste tipo de gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2016.

Serán financiables só as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.

SOLICITUDES e Documentación na  SEDE XUNTA DE GALICIA

Lugar de presentación: Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Consellería de Política Social .- Nos servizos sociais DO CONCELLO DE XOVE. En calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: Dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 18 de maio de 2016 (por ser o día 17 inhábil).

Leer más:Axudas da Xunta de Galicia a personas con discapacidade

Actos do Día Internacional da Muller Traballadora

Dentro dos actos programados polo noso Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, hoxe tivemos un dos máis emotivos. Como recoñecemento a toda unha vida adicada ao traballo e aos seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª CONSTANTINA LÓPEZ MARTÍNEZ, a persoa máis maior de Xove. Constantina, quen aos seus 99 anos inda mantén unha presencia e  unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores. Tamén aproveitou o alcalde para facer unha visita á Residencia San Bartolomé de Xove onde lle fixo tamén un recoñecemento e un agasallo á persoa máis maior da Residencia, concretamente Dª Herminia López Paez, de 96 anos. 

Recordamos que as actividades do Concello de Xove para conmemorar  o Día Internacional da Muller Traballadora continúan:

    • Sábado, día 12 de marzo: Ás 17:00 horas na Oficina de Información Xuvenil, OBRADOIRO DE IGUALDADE SOBRE A PELÍCULA  “BILLY ELLIOT”. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos.
    • Domingo, 13 de marzo: Ás 17:30 horas no Salón de Actos,  IX  CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. 

 

Actividades na Escola Infantil o Día da Muller Traballadora

Con motivo do “Día Internacional da Muller Traballadora” a Escola Infantil de Xove organizou as seguintes actividades:  Durante a semana os nenos e nenas da gardaría  colaboraron na realización de tres murais onde se representaban diferentes oficios: perruqeir@s, mecánic@s e cociñeir@s. 

 

Programa Benestar en balnearios 2016 da Xunta de Galicia

Dos meses antes que o  ano pasado, a Xunta de Galicia  publica  no Diario Oficial de Galicia as bases que rixen este programa para o presente ano.  As súas características son as mismas: estancias de 10 días en régimen de pensión completa en  establecimiento termal, durante os cales as personas beneficiarias recibirán tratamientos termales adecuados a su estado de salud, previamente valorado por personal médico y serán  participantes de actividades de animación sociocultural. Ofertanse un total de 600 plazas e o  programa se desarrollará entre marzo y diciembre de este ano.  Prazo presentación de solicitudes Ata o 7 de marzo de 2016.  --->+info

Os establecementos termais nos que se ofertan prazas son os que a continuación se relacionan:- Balneario de Acuña - Caldas de Reis (Pontevedra)- Balneario de Arnoia (Ourense)- Balneario de Augas Santas - Ferreira de Pantón (Lugo)- Balneario de Baños de Brea - Vila de Cruces (Pontevedra)- Balneario de Baños de Molgas (Ourense)- Balneario de Caldelas de Tui - Tui (Pontevedra)- Gran Balneario de O Carballiño (Ourense)- Balneario de Carballo (A Coruña)- Termas de Cuntis (Pontevedra)- Balneario de Laias - Cenlle (Ourense)- Balneario de Lobios - Lobios (Ourense)- Balneario do Río Pambre - Palas de Rei (Lugo)- Balneario Termas Romanas - Lugo- Balneario de Guitiriz (Lugo)- Balneario A Toxa (O Grove -Pontevedra)

Persoas beneficiarias Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
  • Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

Leer más:Programa Benestar en balnearios 2016 da Xunta de Galicia

Prestación económica por fillos/as menores de 3 anos

A Xunta de Galicia, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos de crianza dunha filla ou fillo establece  unha axuda a persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías).Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar polas fillas ou fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2016. A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte: Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros; cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros e cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os requisitos sinalados na Orde do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, modificada pola Orde do 31 de agosto de 2015, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.

 Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.  Prazo de presentación: Ata o 7 de marzo de 2016.

MAIS INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

 ENLACE Á SEDE ELECTRONICA DA XUNTA DE GALICIA 

Termalismo Social IMSERSO.-

Dende o Goberno Central  convocanse Servizos de Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido, tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final, Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario, Póliza colectiva de seguro turístico, Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.

En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios. O Imserso contribuirá, mediante achega directa ao establecemento termal, ao financiamento do custe das prazas con unha achega media por praza de 170,63 euros, oscilando o seu importe entre 128,70 euros e 214,50 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento.

  • Documentación: Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2014, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:  Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
  • Lugar de presentación: Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de trámites : Servizos Sociais Comunitarios. Centros dependentes da Consellería de Politica Social (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.) Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
  • Prazo de presentación: Para participar no proceso de adxudicación de praza: Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2016. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 11 de maio de 2016. Máis información: Balnearios participantes. Folleto informativo.-Web IMSERSO .- Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080

Día internacional do neno na Escola infantil de Xove

A Escola Infantil de Xove celebrou hoxe, 20 de novembro, o Día Internacional do Neno, adicado a tódolos nenos e nenas do mundo. Dentro das actividades realizadas, elaborouse un mural entre todo o alumnado, colocando tamén globos e gorros que decoraron os nenos coas súas familias. Asimesmo, e coa colaboración de 2 persoas en prácticas do curso “Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil”, pintouselle a cara a moitos dos nenos/as da Escola.

Programa de Termalismo no Camiño da Deputación de Lugo 2015

Con esta nova convocatoria do programa TERMALISMO NO CAMIÑO 2015, a institución provincial lucense pon a disposición dos lucenses maiores de 50 anos un total de 1.200 prazas para acceder, entre os meses de maio e decembro, aos tratamentos ofrecidos en tres balnearios da provincia: Augas Santas, Río Pambre e Lugo.Ás  persoas beneficiarias deste programa facilítaselles o acceso aos tratamentos termais que ofrece a provincia, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ao tempo que potencia a dimensión económica da riqueza medioambiental da provincia, en particular das súas augas mineromedicinais. Requisitos: Ter máis de 50 anos e estar empadroado/a na provincia de Lugo.

Servizos:  Termalismo no Camiño 2015 ofrece descontos de ata 60 euros en balnearios lucenses dos seguintes paquetes de prestacións: 6 días con 5 noites de estancia.- 5 pensións completas Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento .- Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida.- 8 técnicas de balneario.- 1 recoñecemento médico á chegada.- De luns a xoves: programa de animación sociocultural 

Cada beneficiario poderá acudir cun acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os requisitos de ter máis de 50 anos e estar empadroado na provincia. Prazo de inscrición e documentación: Aberto o prazo de inscrición.  

Máis información Tel. 982 260 075 | Información Termalismo no Camiño 2015  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e na --- web da Diputación de Lugo ---

Remataron as obras de remodelación da Escola Infantil de Xove

A Escola Infantil Municipal de Xove foi obxecto durante dos meses de agosto e setembro dunha importante reforma. Coa mesma, a gardería gana en funcionalidade ao contar con tres unidades diferenciadas (0-1, 1-2, 2-3), unha  sala de usos múltiples máis ampla,  modificación e ampliación de baños e equipamento do office. Ademais, procedeuse a reformar a instalación eléctrica, cambio de chan e carpintería, illamento do edificio,…etc. As novas cores coa que se pintou e unha nova iluminación fan que os espazos sexan moito máis luminosos, o que sen dúbida vai facer moito máis agradable a estadía dos nenos/as na gardería, e como non, tamén a das súas coidadoras.Unha vez rematadas as obras, por parte do Concello procedeuse a decorar e amoblar os distintos espazos, polo que a Escola xa está totalmente operativa. Antes de comezar a súa actividade normal, e co fin de que os papás viran como quedou a gardería tras estas importantes reformas, o Concello organizou para hoxe unha xornada de portas abertas dende  as 9.00 ata  as 14:00 horas.  O investimento nestas  obras de reforma foi de 59.929, 61€, financiado integramente con fondos municipais.  Por último, decir que a Escola vai comezar o seu funcionamento normal o vindeiro luns 19 de outubro.-

Novas medidas SOCIAIS anunciadas pola Xunta de Galicia

No marco do debate sobre o estado da Autonomía o presidente da Xunta anunciou novas medidas no eido social, entre as que cabe destacar as seguintes:

    • Con efectos a partir do 1 de novembro vaise poñer en marcha un programa para evitar os cortes de luz por impagamento ás familias galegas máis vulnerables, asumindo o custo de dúas mensualidades da tarifa.
    • En 2016 a Xunta reducirá o IRPF autonómico á gran maioría dos contribuíntes. Asimesmo, o 99% das galegas e galegos que reciban herdanzas como pais, fillos, netos, avós e cónxuxes non pagarán o Imposto de sucesións e doazóns, e que o 1% restante pagará menos, xa que, tipo de herdanzas, quedarán exentos de tributación os primeiros 400.000 euros e só se tributará a partir desa cifra.
    • Ampliación do bono- gardaría para que as familias que queiran levar aos seus fillos a unha escola infantil, e non teñan praza nunha gardería da Xunta, reciban unha axuda.
    • Creación dun bono-coidador para o rural, naquelas zonas nas que non exista opción a gardaría.
    • Os nenos nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2016 recibirán unha axuda directa de 100 euros ao mes para gastos básicos como alimentación ou hixiene.

Antes de que remate este 2015 entrará en vigor a Historia Social única, que integrará toda a información social dos galegos, e que supón o paso previo e imprescindible para a implantación da futura Historia SocioSanitaria.

 

Convocatoria de BECAS e AXUDAS ao ESTUDO curso 2015/2016

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2015/2016 abarcará DO 15 DE OUTUBRO AO 19 DE NOVEMBRO DE 2015. 

Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:

    • Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais).
    • Fotocopia do DNI do solicitante.
    • Fotocopia do Libro de Familia.
    • Certificado de empadroamento colectivo.
    • Fotocopia da matrícula en curso.
    • Fotocopia das notas acadadas no curso 2014/2015.
    • Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros  maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
    • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello de Xove.

 

 SOLICITUDE DE BECAS E AXUDAS O ESTUDIO

DECLARACION OUTRAS AXUDAS  --<>-- DECLARACION RESPONSABLE

 

Leer más:Convocatoria de BECAS e AXUDAS ao ESTUDO curso 2015/2016

Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana.

Obxecto: Conceder de axudas económicas en  modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia.

Tipo de axuda: As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e en 37,5 € para os menores de 12 anos.

Persoas beneficiarias e requisitos:  Poderán ser beneficiarias  as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que, ademais dos requisitos do artigo 10 da   Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumpran os seguintes:

Leer más:Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana.

Aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de Xove

CARTEL 2015

O sábado 3 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VI edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.- A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa coa inscrición de palilleiras, as cales inda poderán anotarse ata o mesmo VENRES 18 DE SETEMBRO.   A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686. 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo