Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

CLAUSURADO O PROGRAMA “MAÑÁS ACTIVAS. XUVENTUDE ACTIVA”.

Onte clausurouse en Xove  o proxecto de voluntariado “MAÑÁS ACTIVAS. XUVENTUDE ACTIVA”, que nesta terceira edición contou coa participación de 5 voluntarias, as cales colaboraron na realización de actividades durante o tempo de duración do programa, os meses de xullo e agosto. Nesta edición participaron 20 xoves de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos que realizaron activades de todo tipo: informática, obradoiro de cociña, educación vial, actividades de natureza, manualidades, etc.

O acto de clausura, no que estiveron presentes as concelleiras de Servizos Sociais Ana Abad e de Xuventude Cristina Iglesias, comezou coa entrega dos Diplomas aos participantes no obradoiro de informática. Posteriormente, tódolos asistentes participantes do programa, acompañados por familiares,  disfrutaron dun vídeo onde se recollían imáxes das actividades realizadas; este vídeo foi realizado polo profesor de informática Daniel López.

Para rematar a clausura, procedeuse á inauguración dunha exposición fotográfica onde se recollen imaxes de todo o programa, con todo tipo de actividades; para quens queiran ver esta pequena exposición, decir que está na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove,  aberta en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Ao final, tódolos presentes, participantes e familiares, disfrutaron duns pinchos que foron elaborados polos participantes do proxecto.

Axudas o Estudo na modalidade de Transporte (bonobús)

bonobus

Na Xunta de Goberno Local aprobaronse as  Bases Reguladoras da concesión de axudas ao estudo  na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, polo que se procede  á convocatoria pública de axudas  autorizando un  gasto de 1.500,00 € con cargo á partida 326.481 do Estado de Gastos para o exercicio de 2015.

2.- Obxecto .-Sufragar gastos derivados do transporte universitario efectuado pola empresa ARRIVA aos campus universitarios de Coruña e Santiago así coma o transporte para ciclos formativos que non se cursen en San Cibrao, Burela e Viveiro.
3.- Beneficiarios.- Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as mBases reguladoras da concesión das presentes axudas, cursen estudos universitarios nos campus de Santiago e A Coruña ou en ciclos formativos que non se presten en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte.

CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA 

ENTREGA DE DIPLOMAS CURSO DE VERÁN DE INFORMÁTICA DA OMIX

Hoxe, día 30 de xullo, ás 13:00 horas, tivo lugar a entrega de diplomas do curso de Informática, organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove. Neste curso, de 10 horas de duración,  participaron un total de 40 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, donde aprenderon a manexar programas como Word 2007, Powerpoint 2007 e Internet.Os diplomas foron entregados polas  Concelleiras de Xuventude, Ana Abad e Cristina Iglesias e o monitor de informática da OMIX, Daniel López. 

FESTA FIN DE CURSO DA ESCOLA INFANTIL DE XOVE

Hoxe, dende as 11:00 h. da mañá o alumnado da Escola Infantil, xunto coas súas familias, asistiron á Festa de Fin de Curso, onde se fixo entrega de diplomas aos nenos e nenas que remataron o ciclo infantil. A este acto asisteu a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, acompañada da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e da Concelleira de Xuventude Cristina Iglesias. A festa contou con inchables, talleres de globoflexia e pintacaras. 

ACAMPADA DE VERÁN

Onte, día 7 de xuño, comenzou o ACAMPADA DE VERÁN, Cun total de 39 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos. Esta actividade forma parte do programa “VERÁN XUVENTUDE 2015”,  organizado pola Delegación Municipal de Xuventude do Concello de Xove. O campamento situado na área do Centro Social de Morás estará montado ata mañá xoves, día 9.

A empresa Roqsport é a encargada de desenvolver as diferentes actividades: sendeirismo, tiro con arco, kayak, veladas, xogos de orientación …

Entrega de Diplomas da Escola de Maiores 2015

Hoxe, 23 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas  a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira Ana Abad, ás 40 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.

O curso tivo unha duración de outubro de 2014 a xuño de 2015. As clases desenvolvéronse nunha aula da Oficina Municipal de Información Xuvenil, sempre en horarios de mañá. Dentro das materias didácticas impartidas, os alumnos/as accederon a coñecementos de matemáticas, xeografía, língua, literatura, historia, etc., cuns niveis adaptados ás posibilidades dos mesmos, e tamén, pero só nalgúns casos, escritura e lectura básicas.

Durante este período, ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais: a primeira a Lugo, o 19 de marzo do presente ano, visitando as Murallas, a Catedral, o Museo Provincial, as Termas, etc.; a segunda, o 3 de xuño a Pontevedra, visitando todo o casco vello, a Igrexa de San Bartolomé,, etc.

O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación,  mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.  

COMEZA O OBRADOIRO DE MEMORIA

    Como vimos, rematou o curso da Escola de Maiores,  pero as actividades continúan dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 6 de xullo de 2015 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición xa están anotadas 35 persoas, rematando o prazo o 30 deste mes de xuño.

   Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a  previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.

Escola de Maiores:Clausura do Curso 2014-2015

Os alumnos da Escola de Maiores organizaron unha comida no Restaurante Louzao para clausurar o curso 2014-2015. Nesta ocasión estiveron acompañados por Angélica Casabella, educadora familiar municipal e encargada da Escola, Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove, e Ana Abad, concelleira de Servizos Sociais. Este ano asistiron á Escola  un total de 40 persoas de idades comprendidas entre os 60 e os 85 anos.

Xornadas de Seguridade Vial na Escola Infantil de Xove

Os nenos/as da Escola Infantil de Xove están participando durante esta semana nunhas XORNADAS DE SEGURIDADE VIAL, actividade que repiten normalmente cada final de Curso. Deste xeito, durante toda a semana, xunto coas súas monitoras,  estan a realizar distintos tipos de actividades relacionadas con este tema.

Dentro das actividades previstas, salientamos as realizadas hoxe pola mañá no Pavillón Municipal de Deportes. Acompañados polas súas monitoras, e tamén por moitos dos pais, tódolos nenos/as da Escola tiveron a oportunidade de ver o camión de bombeiros do Concello e un coche da patrulla da garda civil do Cuartel de Xove, ambos atendidos por persoal especializado. O que máis lles gustou, sen dúbida, foi tocar os clasons de ámbolos vehículos.  

As xornadas van continuar mañá xoves na Escola, concretamente no patio de recreo, onde se vai montar un circuíto con sinais, para o cal cada neno/a deberá traer o seu propio vehículo (coche, moto, triciclo) para facer o percorrido. Ademáis disto, durante a semana traballaron en conceptos com sinais, semáforos, pasos de pións, medios de transporte etc.... 

Romería de San Antonio de Rigueira (13 de xuño de 2015)

maís info en http://xove.es/conoce/  na sección de rutas turísticas

Actividades para o mes de Xuño da Concellería de Servizos Sociais

torneoPlayStation

A Concellería de Servizos Sociais, a través da Oficina de Información Xuvenil e o Laboratorio de Investigación Social, organiza as  seguintes actividades para o vindeiro mes de xuño:

      • OBRADOIRO: “RELACIÓNS E ACOSO NAS REDES SOCIAIS”: última semana de xuño, dirixido a  xóvenes de 12 a 16 anos.Inscrición: na OMIX antes do 13 de xuño.
  • III TORNEO DE Wii: día 20 de xuño, dirixido a rapaces e rapazas a partir de 10 anos.  Inscrición na OMIX ata o 10 de xuño.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES DE 60 ANOS: CURSO DE MANEXO DE MÓBIL.- Inscrición: ata o 4 xuño, na OMIX (no Centro Xuvenil)

ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á VECINDADE EN XERAL: ROMARÍA SAN ANTONIO DE A RIGUEIRA: día 13 de xuño. Para a obtención da ventura e do lirio de San Antonio, as persoas interesadas deben anotarse antes do 10 de xuño no Concello de Xove. De todas estas actividades enviouse un programa a tódalas casas de Xove; neste programa hai un pequeño erro xa que pon que a Romaría de San Antonio é o 12 de xuño cando realmente é o 13 de xuño.

Axudas o Estudo 2014-2015 .- Transporte e Comedor

Acaban de ser aprobadas as bases para a Concesión de bolsas e axudas para comedor e transporte para  o curso escolar 2014-2015   na Xunta de Goberno Local de 5 de maio de 2.015 das que poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que reunindo os requisitos que esixen as Bases reguladoras da concesión de bolsas e axudas ao estudo, cursen estudos en ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte; así como aqueles outros estudantes que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus estudos.-

O prazo de presentación das solicitudes será de 12 días hábiles contados a partir do 22 de xuño, entendéndose como último día hábil para a presentación de solicitudes o luns, día 6 de xullo de 2015. Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sin que en ningún caso a duración de dita prórroga poida exceder de 10 días.

  • Documentación a presentar: impreso oficial completo acompañado da documentación esixida nas bases reguladoras da presente convocatoria..- Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Xove. Camiño Real, s/n; 27880, Xove (Lugo)

No portal transparencia - axudas e subvencións - podes atopar a convocatoria e as bases reguladoras

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NAI NA ESCOLA INFANTIL DE XOVE

 
Durante esta semana e con motivo do Día da Nai, os nenos e nenas da Escola Infatil de Xove estiveron elaborando os agasallos que entregarán ás súas nais.
Os nenos e nenas do grupo de 0-1 anos, fixeron un cadro pintado por eles mesmos coa súa foto. O grupo de 1-2, elaboraron unha maceta con flores de cartolina e pinzas. E o grupo de 2-3 anos, unha bolboreta de arxila envolvida en papel de cores.

ENTREGA DIPLOMAS CURSO DE INFORMÁTICA

Hoxe, día 30 de abril, tivo lugar a entrega dos Diplomas do Curso de Informática a cargo da Concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad. O curso desenvolveuse durante os meses de febreiro, marzo e abril. Os temas traballados foron: Entorno de Windows, Microsoft Word 2007, Internet: Búsqueda e navegación. Correo electrónico.A este curso asistiron un total de 22 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 30 e 70 anos.

BALNEARIOS XUNTA 2015

máis info no Enlace XUNTA de Galicia

O Departamento de Servizos Sociais informa que dende hoxe ata o próximo 15 de maio de 2015 estará aberto o prazo para anotarse no programa de Benestar e Balnearios da Xunta que nesta edición dispón de 600 prazas repartidas en 13 balnearios  : Acuña (Caldas de Reis); Arnoia (Ourense); Augas Santas (Ferreira de Pantón); Baños da Brea (Vila de Cruces); Baños de Molgas (Ourense); Caldelas de Tui (Pontevedra); O Carballiño; Carballo; Termas de Cuntis; Laias (Cenlle); Lobios (Ourense) Balneario de Río Pambre (Palas de Reis) y Termas Romanas (Lugo).

Os turnos son de 10 días (nueve noites) cada un, e realizaránse en régimen de pensión completa, entre xuño  e  deccembro , e os prezos oscilan entre  316 e 398 euros e incluen ademáis da estancia en habitación doble de uso compartido, tratamientos termales e póliza colectiva de seguro turístico. Os que desexen habitación individual terán  que asumir a diferencia de coste.

 

Leer más:BALNEARIOS XUNTA 2015

RESERVA DE PRAZA NA ESCOLA INFANTIL PARA O CURSO 2015/2016

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar a reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2015/2016 abarcará de  4 DE MAIO A 5 DE XUÑO DE 2015.

Documentación a presentar para solicitar Reserva de Praza na E.I.:

  • Impreso de solicitude (facilitarase no Departamento de Servizos Sociais)
  • Fotocopia do DNI ou pasaporte dos pais
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Certificado de empadroamento colectivo
  • Fotocopia da Cartilla da Seguridade Social do/a neno/a
  • Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros  mayores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
  • Informe médico do/a neno/a
  • Carné de vacinación actualizado.

Abono anticipado de deduccións por familia numerosa, monoparental ou discapacidade

Normativa: Real Decreto 1003/2014, de 5 de decembro, polo que se modifica o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo, en materia de pagos a conta e deducións por familia numerosa ou persoas con discapacidade a cargo. (BOE nº 295 do 6/12/2014)

Orde HAP/2486/2014, de 29 de decembro, pola que se aproba o modelo 143 para a solicitude do abono anticipado das deducións por familia numerosa e persoas con discapacidade a cargo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e regúlanse o lugar, prazo e formas de presentación. (BOE nº 316 do 31/12/2014). Modificada pola  Orde HAP/410/2015, de 11 de marzo (BOE nº 61 do 12/03/2015)

Art. 4 do Real Decreto-lei 1/2015, de 27 de febreiro, de mecanismo de segunda oportunidade, redución de carga financeira e outras medidas de orde social. (BOE nº 51 do 28/02/2015), polo que se modifica a Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio. Con efectos desde 1 de xaneiro de 2015.

Leer más:Abono anticipado de deduccións por familia numerosa, monoparental ou discapacidade

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo