Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Día Internacional da Muller: Chocolatada

Hoxe continuaron as actividades do Concello para conmemorar  o Día Internacional da Muller: Deste xeito,  partires das 17:30 horas no Salón de Actos, unhas 120 mulleres de tódalas idades participaron na VIII CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”.  Tamén se aproveitou para inaugurar a  EXPOSICIÓN “ROSTROS DA HISTORIA”, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo de 2015.

HOMENAXE A Dª AURORA QUELLE ABAD

Dentro dos actos programados polo noso Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, hoxe tivemos un dos máis emotivos. Como recoñecemento a toda unha vida adicada ao traballo e aos seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª AURORA QUELLE ABAD, a persoa máis maior de Xove.

Aurora, quen aos seus 98 anos inda mantén unha presencia e  unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores. Recordamos que as actividades do Concello para conmemorar  o Día Internacional da Muller Traballadora continúan, e deste xeito temos:

ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Mañá, Domingo, 8 de marzo:

    • a partires das 17:30 horas no Salón de Actos, VIII CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”.
    • Inauguración da EXPOSICIÓN “ROSTROS DA HISTORIA”, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo de 2015.

Actividades na Escola Infantil “Día da Muller Traballadora”

Con motivo do “Día Internacional da Muller Traballadora” a Escola Infantil de Xove organizou as seguintes actividades:

  •          Durante a semana, os nenos e nenas da gardaría  colaboraron na realización dun mural en forma de lazo, feito con bicos, co lema "TODAS AS MULLERES MERECEN UN BICO"
  • Hoxe,  venres, día 6 de marzo pola mañá, os nenos e nenas foron visitados por unha madre traballadora que lles contou o conto de  “ROSA CARAMELO”, que transmite valores de igualdade, evitando os esteriotipos e os roles asociados a cada sexo. 

Tícket eléctrico social de Galicia

Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello poderánse tramitar as axudas para o Ticket Eléctrico Social de Galicia que pon en marcha a Consellería de Industria, ata o 30 de abril de 2015. Son 150 Euros por semestre para as familias numerosas e 90 Euros para ás demais que cumpran os requisitos esixidos.

Orde do 23 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre do 2014 e primeiro semestre do 2015, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento IN414A). (DOG nº 43 do 4/03/2015)

Obxecto :Convocar axudas para a concesión do tícket eléctrico social para o segundo semestre do ano 2014 e primeiro semestre do ano 2015 a familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM. (9.585,19 €)

Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio.

Tipo de axuda: Consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais non superen 1,5 veces o IPREM.

Leer más:Tícket eléctrico social de Galicia

Actos do día internacional da muller

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un amplo programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:

Sábado, día 7: visita a DONA AURORA QUELLE ABAD, a muller máis lonxeva do noso concello (98 anos). O Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira Ana Abad, faranlle entrega dun ramo de flores no seu domicilio.

Domingo, día 8: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos, VIII CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Inauguración da EXPOSICIÓN “ROSTROS DA HISTORIA”, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo de 2015.

Martes, día 10: no Salón de Actos ás 10:30 Contacontos “NOUI E O BEBEDIZO MÁXICO”, dirixido ao alumnado de primaria do CEIP Caselle Rollán de Xove. Presentación do libro de mesmo nome, realizado polo alumnado de 6º de Primaria.

Entrega de Diplomas aos Voluntarios Xuvenís

O Alcalde,  Demetrio Salgueiro  acompañado da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, fixeron entrega dos certificados de colaboración aos cinco voluntarios que participaron durante os meses de xullo e agosto, no programa “SERVIZO DE VOLUNTARIADO XUVENIL 2014”. Con esta entrega, o Concello quixo recoñecerlles o traballo realizado durante o verán pasado.

Durante estes dous meses os  voluntarios do Concello, de idades comprendidas entre 17 e 20 anos, axudaron aos técnicos cos 25 participantes. Os cinco voluntarios que participaron, foron: Sonia Martínez Rodríguez, Javier Villares Acebedo, María Tamara Soto López, Brenda Suárez Azogue e Desirée Castro Piñeiroa.

O traballo destes voluntarios fixo posible que, durante os dous meses do verán, 25 nenas e nenos do Concello puideran asistir a diversas actividades enmarcadas dentro do Programa de Voluntariado do Concello de Xove “Xuventude Activa 2014”

 

Axudas a traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as.

Publicadas as bases das axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as .- As persoas solicitantes deberán terse acollido á redución entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014

O Departamento de Servizo Sociais do Concello informa  da convocatoria das axudas económicas para os traballadores e as familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014, tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu/da súa fillo/a.

Normativa: Resolución do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.(DOG nº 9 do 15/01/2015)

Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Neste suposto, non se terá en conta a data de nacemento, pero para ter dereito á axuda non deberán transcorrer máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou  da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. O/a fillo/a polo/a que se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.

No caso das familias non monoparentais, serán subvencionables todos os períodos traballados durante o ano, co límite máximo de oito meses, sempre que un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto sexan inferiores aos 60 días, e sempre que a muller traballe de xeito continuado ou que o tempo non traballado non supere o 5 % do tempo total correspondente aos períodos que se van acumular. Nestes casos, cando haxa dous ou máis períodos subvencionables que non sexan acumulables, concederase a axuda por aquel que sexa o máis favorable para o interesado.

Prazo de presentación:Ata o 20 de febreiro de 2015. MÁIS INFORMACION NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO. 982 592001

Leer más:Axudas a traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as.

Aberto o plazo para solicitar prestación ecónomica por fillos menores de 3 anos.

Dirixido as  persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2015 (nados entre o 2.1.2012 e o 1.1.2015, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2013 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF. No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública. 

Prazo de presentación:  Ata o 14 de marzo de 2015. MÁIS INFORMACION NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO. 982 592001

Leer más:Aberto o plazo para solicitar prestación ecónomica por fillos menores de 3 anos.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca axudas ao alugamento de vivendas.

 Estas axudas ao alugamento de vivendas teñen por obxecto facilitar o acceso e a permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a persoas físicas con escasos medios económicos, mediante a concesión de subvencións para afrontar os custos do alugueiro.

 O Instituto Galego de Vivenda e Solo ven de convocar as subvencións do Programa de axuda ao alugamento da vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Estas axudas van dirixidas a persoas maiores de idade titulares ou que están en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia non superen os límites establecidos na convocatoria das axudas, que a renda de aluguer non supere, en ningún caso, os 600.-€ mensuais e, que todos os menbros da unidade de convivencia, acrediten que se atopan ao día nas súas obrigas tributarias.

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove ponse ao servizo dos seus veciños e veciñas para dar máis información e/ou para a tramitación destas axudas. Recordamos que o prazo remata o xoves 19 de febreiro (incluído o 19).

  

Contía das subvencións : O importe das axudas, poderá chegar ao 40 % da renda anual que se deba satisfacer polo alugamento da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo de 2.400 € anuais por vivenda.

O prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o 20 de febreiro de 2015..- As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento VI432A.- Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2015 e en http://igvs.es/web/actuamos/195

* O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego.
O IPREM publícase anualmente a través da Lei de Orzamentos. Para 2014 fixouse en 532,51 € mensuais.

http://igvs.xunta.es/web/actuamos/834  ---------- > ENLACE TRAMITACION XUNTA

Abono anticipado das deduccións familiares por familia numerosa ou discapacidade no Imposto da Renda

Normativa.- Real Decreto 1003/2014, de 5 de decembro, polo que se modifica o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo, en materia de pagos a conta e deducións por familia numerosa ou persoas con discapacidade a cargo. (BOE nº 295 do 6/12/2014) Orde HAP/2486/2014, de 29 de decembro, pola que se aproba o modelo 143 para a solicitude do abono anticipado das deducións por familia numerosa e persoas con discapacidade a cargo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e regúlanse o lugar, prazo e formas de presentación. (BOE nº 316 do 31/12/2014)

 Deducións.-As deducións, que poderán alcanzar os 1.200 euros anuais por cada descendente ou ascendiente con discapacidade e por familia numerosa, e os 2.400 euros no caso de familias numerosas de categoría especial, calcularanse de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos.

 Requisitos .-Realizar unha actividade pola que se cotice á Seguridade Social ou mutualidad alternativa. Ter dereito á aplicación do mínimo por descendente ou ascendiente con discapacidade, ou ser ascendiente ou irmán orfo de pai e nai formando parte dunha familia numerosa.

Límites.-O límite para cada unha das deducións serán as cotizacións e cotas to­tales á Seguridade Social e/ou mutualidades devengadas en cada período impositivo. Se se tivese dereito á dedución por contar con varios ascendientes e/ou descendentes con discapacidade, o límite aplicarase de forma independente respecto de cada un deles.

Quen poden solicitar o abono anticipado? Ascendentes, ou irmáns orfos de pai e nai, que formen parte dunha familia numerosa. Contribuíntes con dereito á aplicación dos mínimos por descendentes ou ascendentes con discapacidade.

Solicitude e documentación.- A solicitude do pago anticipado poderase realizar de maneira colectiva ou individual mediante a presentación do modelo 143, por cada unha das deducións, acumulables entre si, ás que os beneficiarios teñan dereito (100 euros mensuais por familia numerosa e por cada descendente e ascendiente con discapacidade; 200 euros no caso de familias numerosas de categoría especial). Título de familia numerosa e/ou certificado de discapacidade: os solicitantes deben comprobar que contan coa documentación acreditativa de familia numerosa e o certificado de discapacidade do ascendiente ou descendente. As Comunidades Autónomas enviarán directamente esta documentación á Axencia Tributaria. Número de Identificación Fiscal (NIF) de todos os solicitantes, así como dos descendentes e ascendientes con discapacidade. Para menores de 14 anos que non conten con NIF poderase solicitar un NIF coa letra "K" de menores nas oficinas da Axencia Tributaria. Alta na Seguridade Social ou mutualidad e prazos mínimos de cotización (nas solicitudes colectivas abonda con que o requisito o cumpra quen figure como primeiro solicitante).

Compatibilidade: Estas deduccións son compatibles e acumulativas, entre sí e coa deducción por maternidade de nais traballadoras con fillos < 3 anos, que se mantén.

Procedemento de solicitude.- Poderán solicitarse a partir do 7 de xaneiro de 2015 (Modelo 143):

De forma individual, por cada contribuínte con dereito ás deduccións ou de forma colectiva, por todos os contribuíntes que poideran ter dereito á deducción respecto dun mesmo ascendente, descendente ou familia numerosa. Por Internet (Sede electrónica da AEAT, con DNI e, certificado dixital ou Cl@ve-PIN por cada solicitante), telefónicamente (901 200 345 ,achegando casilla 415 do IRPF 2013) ou nas Delegacións e Administracións da AEAT.

As axudas poderanse solicitar tamén de forma presencial, a partir do 3 de febreiro, nas oficinas da Axencia Tributaria. Resumo da modificación do regulamento do IRPF (Ministerio).- Máis información Axencia tributaria

NADAL 2014-2015 EN XOVE

 O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Dentro do amplo espectro de actividades deseñados, para os vindeiros días temos:

Xoves, 25 de decembro – DÍA DE NADAL.- A partires das 17:00 horas (5 da tarde), no Pavillón Municipal de Deportes imos ter o ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN “A BAILAR”, con músicas e bailes en especial para nenos/as. Rematado este espectáculo, os participantes poderán disfrutar dunha chocolatada. E para rematar esta bonita xornada, tódolos nenos/as poderán disfrutar dun karaoke infantil.

Venres, 26 de decembro.- Este vai a ser un día moi cinéfilo en Xove, xa que ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico imos ter “NA BUSCA DUNHA MIRADA – CURTAS DE XACIO BAÑO”, onde o propio artista xovense vai a presentar 4 das súas curtas: “Relación de acordes”, “Estereocopía”, “Anacos” e a aclamada “Ser e voltar”; recordamos que esta última, rodada en Xove, está preseleccionada para os premios Goya.

Este venres tamén imos ter un TORNEO DE TENIS DE MESA, o cal, como ven sendo costume, vaise desenvolver na OMIX de Xove. Neste torneo poderán participar rapaces/as entre 12 e 30 anos.

BECAS E AXUDAS AO ESTUDO 2014/2015

Hoxe, ás 17:00 hs, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xove a cargo do Alcalde,  Demetrio Salgueiro  e da concelleira de servizos sociais, Ana Abad, a entrega das becas e axudas ao estudo que o Concello convoca cada curso escolar.

Nesta ocasión concedéronse as seguintes axudas:

  • -17 axudas para estudos universitarios, cuxa contía ascendeu a 23.388,43  €.
  • -3 axudas para ciclos formativos de especialidades que non existen na comarca cunha cantidade de 1.172,24 €.
  • -9 axudas para alumnos con discapacidade cun total de 6.750 €.
  • -35 axudas para compra de material escolar, cuxa contía ascendeu a 4.500 €.
  • -2 para máster, que suman un total de 1.000 €.

En total o Concello invisteu para o presente curso nestas becas e axudas  a cantidade total de  36.810,67 €. A cantidade investida o pasado curso 2013-2014 foi de 30.423,18€., polo cal temos un incremento de máis de 6.000 € para o actual exercicio.

ACTIVIDADES INFANTÍS DENTRO DA PROGRAMACIÓN DE NADAL

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Hoxe, pola mañá, tivemos:

  •    De 10:30 a 11:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico: Xogos Infantís para nenos/as de infantil ata 4º de Primaria. Na mesma participaron 33 nenos/as; esta actividade estaba previsto celebrala na Aula Multideportiva do Concello, e debido ao gran número de inscritos houbo que pasala á Casa de Cultura.

  Seguindo coas actividades  do Programa de  Nadal, mañá  martes, 23 de decembro, teremos as seguintes:

  •    De 11:00 a 13:00 h, na OMIX de Xove, para nenos/as de 3º ata 6º de Primaria, teremos un OBRADOIRO DE MANUALIDADES.
  •    Ás 20:00 h., no Salón de Actos do Centro Cívico, TRADICIONAL CONCERTO DE NADAL, que porá fin ao Iº Curso de “Música no Nadal”, que organiza a Asociación Prestoxove coa colaboración  da E. M. de Música de Xove. A entrada a este Concerto é de carácter totalmente libre e gratuita.

FESTA DO NADAL NA ESCOLA INFANTIL 2014

A Escola Infantil de Xove tamén participa nas actividades lúdico-culturais do Concello neste Nadal 2014-2015. Neste sentido, hoxe, venres 19 de decembro pola mañá, na propia Escola, tódolos nenos/as da mesma participaron nunha Festa do Nadal, onde ademáis recibiron a visita de Papá Noel.

TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2015

***** máis info na web do imserso  ----> solicitud

A través do Programa de Termalismo Saludable, o  Estado español proporciona os/ as pensionistas, que por prescripción facultativa precisen dos tratamientos que se prestan en los balnearios  e que reúnan determinados requisitos, el acceso a precios reducidos a estos establecimientos.

O Programa está organizado e financiado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdade, a través do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, quen anualmente concerta con establecimientos termales a reserva de plazas en balnearios para a estancia e tratamiento das personas usuarias del Programa. 

REQUISITOS :

1.Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.

2.Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.

3.Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.

4.Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

5.Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Ponderaranse as seguintes variables:

Leer más:TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2015

25 de Novembro: Día contra a Violencia de Xénero

Mañá, día 25 de novembro,  conmemórase o día contra a violencia de xénero. por tal motivo, o concello de xove a través da concellería de igualdade, organiza diferentes actos reivindicativos:

  • Na Escola Infantil: está exposto o mural "día da infancia e da non violencia", no que os pais e nais colaboraron activamente axudando ás  súas crianzas a decorar os pitiños e pitiñas  deste mural.
  • Na OMIX, durante o día de mañá farase entrega aos rapaces e rapazas dun violentómetro marca páxinas e da enquisa "o semáforo da violencia", para detectar posibles condutas machistas ou situacións de violencia de xénero.
  • No Concello, estará colgado da fachada un lazo morado reivindicativo contra a violencia de xénero, para sensibilizar aos nosos veciños e veciñas  sobre a importancia de erradicar esta lacra social.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo