Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Becas e Axudas ó Estudo 2021/2022
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 02 Novembro 2021 12:07
-
Última actualización en Viernes, 19 Novembro 2021 10:39
-
Publicado el Martes, 02 Novembro 2021 22:07
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2021/2022 será ata o 19 DE NOVEMBRO DE 2021
AS SOLICITUDES TRAMÍTANSE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO (982 592001 -SONIA/MARÍA)
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:
- Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais ou na Sede Electrónica do Concello).
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda.
- Notas acadadas no curso 2020/2021, con excepción de educación infantil e primaria.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...).
- - Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.
DOCUMENTACIÓN
01-SOLICITUDE
DOCUMENTACION NECESARIA
NO CASO DE QUE DESEXE FACER A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE A TRAVES DA SEDE ELECTRONICA (con Certificado Dixital ou CLAVE) UTILICE A INSTANCIA XERAL E ADXUNTE A DOCUMENTACIÓN. -----> ENLACE -->
Convocatoria Becas Transporte Estancia e Comedor 2020-2021
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Jueves, 08 Xullo 2021 13:21
-
Última actualización en Jueves, 08 Xullo 2021 19:54
-
Publicado el Jueves, 08 Xullo 2021 13:21
As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:
A) Gastos de comedor para: Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.

C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.Ademáis, poderanse beneficiar desta axuda os/as estudantes afectados polo retraaso na posta en marcha da “TMG Tarxeta Xente Nova” da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia (antes bus municipal) unha vez iniciado o curso escolar e ata a entrada en vigor desta tarxeta de transporte.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
4.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
5.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
No caso dos/as estudantes afectados polo retraso na posta en marcha da “TMG Tarxeta Xente Nova”, deberán presentar os tickets do desprazamento aboados antes do inicio da posta en marcha de dita tarxeta, ou xustificación das viaxes efectivamente realizadas a través da empresa de transporte.
OPCIÓNS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
-
- NO REXISTRO DO CONCELLO DE XOVE (DE 8 A 14 HORAS) ---> poden recoller os formularios no Concello si non desexa imprimilos.
- A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA https://xove.sedelectronica.gal/ ---> Usando a opción de INSTANCIA XERAL e adxuntando a solicitude de beca e demais documentación pertinente.
DESCARGA DE ARCHIVOS

PRAZO PARA SOLICITAR: DO 08 DE XULLO AO 02 DE AGOSTO DE 2021
MAÑÁ COMEZA O PROGRAMA XOVE CONCILIA VERÁN.
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 23 Xuño 2021 12:43
-
Última actualización en Miércoles, 23 Xuño 2021 12:53
-
Publicado el Miércoles, 23 Xuño 2021 12:43
PROGRAMA XOVE CONCILIA VERÁN.
Mañá, 24 de xuño, iníciase o Programa Xove Concilia Verán, con 60 menores anotados, en horario de 9 a 14 h. dende o 24 de xuño ata o 7 de setembro.
O Programa Xove Concilia Verán, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo no programa operativo FSE Galicia 2014/2020, responde ao obxectivo do Concello de Xove de facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias do municipio durante o estío.
Lista provisional de admitidos Escola Infantil
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Lunes, 07 Xuño 2021 12:15
-
Última actualización en Lunes, 07 Xuño 2021 12:52
-
Publicado el Lunes, 07 Xuño 2021 12:15
O prazo para a confirmación da matrícula, vai dende o 8 de xuño o 16 de xuño, e terán que presentar xunto coa solicitude de matrícula a Declaración da Renta relativa o ano 2020.

A partir do día 17, ábrese o prazo extraordinario para novas solicitudes.
Dia Mundial contra o Cancro 2021
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 03 Febreiro 2021 10:59
-
Última actualización en Jueves, 04 Febreiro 2021 09:56
-
Publicado el Jueves, 04 Febreiro 2021 00:59
Hoxe Día Mundial do Cancro merece a pena que loitemos contra as desigualdades que provoca esta enfermidade. .- Súmate al #AcuerdoContraelCancer

https://acuerdocontraelcancer.com/
Non á violencia de xénero
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 24 Novembro 2020 17:05
-
Última actualización en Miércoles, 02 Decembro 2020 14:39
-
Publicado el Martes, 24 Novembro 2020 17:05

BECAS E AXUDAS AO ESTUDO CURSO 2020/2021
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 21 Outubro 2020 14:41
-
Última actualización en Miércoles, 21 Outubro 2020 19:09
-
Publicado el Miércoles, 21 Outubro 2020 14:41
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2020/2021 abarcará DO 20 DE OUTUBRO AO 09 DE NOVEMBRO DE 2020
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:
- Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais ou na Sede Electrónica do Concello).
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda.
- Notas acadadas no curso 2019/2020, con excepción de educación infantil e primaria.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...).
- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.
ANEXOS
DOCUMENTACION NECESARIA
NO CASO DE QUE DESEXE FACER A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE A TRAVES DA SEDE ELECTRONICA (con certificado dixital ou CHAVE365) UTILICE A INSTANCIA XERAL E ADXUNTE A DOCUMENTACIÓN. -----> ENLACE -->
Axudas ao Estudo do Concello de Xove, nas modalidades de Comedor, Estancia e Transporte do curso 2019/2020
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Viernes, 17 Xullo 2020 14:17
-
Última actualización en Lunes, 20 Xullo 2020 12:54
-
Publicado el Viernes, 17 Xullo 2020 14:17
As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:

A) Gastos de comedor para:
- Estudantes de ensinos en centros públicos da Comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove.
B) Gastos de estancia para:
- 1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
- 2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na Comarca.
- 3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
C) Gastos de desprazamento para:
- 1.- Estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal.
- 2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
- 3.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
- 4.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de encinos deportivos, profesionais e superiores.
- 5.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
As axudas recollidas no apartado B) serán incompatibles con outras axudas estatais ou autonómicas da mesma modalidade.
As axudas recollidas no apartado C) serán incompatibles coas axudas ao estudo do Concello de Xove na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, agás naqueles casos nos que este bonobús non cubra a totalidade do traxecto.
- As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.
- A renda per cápita familiar non poderá superar as contías seguintes:
-
- Para axudas de transporte e estancia: sen límite.
- Para axudas de comedor, con limite renta per cápita.
- Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os/as estudantes de bacharelato e de ciclos formativos deberán ter superado como mínimo o 50% das asignaturas matriculadas, e no caso de estudantes universitarios, de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores, o 65% dos créditos matriculados
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR: DO 20 DE XULLO AO 31 DE XULLO DE 2020 Xa están dispoñibles as solicitudes no concello (Rexistro Xeral) e tamén aqui para a descarga e posible envio a través de http://xove.sedelectronica.es (instancia xeral)
DOCUMENTACIÓN BECAS 
Cancelación de “Xove Concilia Verán”
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Jueves, 02 Xullo 2020 10:55
-
Última actualización en Jueves, 02 Xullo 2020 11:07
-
Publicado el Jueves, 02 Xullo 2020 10:55
Tras sopesar as diferentes posibilidades que tiñamos para desenvolver o noso campamento “Xove Concilia Verán”, finalmente decidimos a cancelación do campamento e pospoñelo ao verán 2021.Estivemos esperando a ver se a evolución da pandemia permitía poder realizar un campamento en condicións.
Debido ás restricións impostas pola crise sanitaria, víamos imposible organizar a devandita acción de conciliación garantindo as medidas de distancia de seguridade interpersonal e as medidas de hixiene e prevención.
Todo isto unido aos recentes rebrotes xurdidos na comarca, afiánzanos a decisión tomada, pensando sempre na seguridade e saúde dos/as menores participantes, das súas familias e dos/as monitores.
Reserva de plaza de novos alumnos na Escola Infantil 2020
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 20 Maio 2020 18:05
-
Última actualización en Miércoles, 20 Maio 2020 19:55
-
Publicado el Miércoles, 20 Maio 2020 18:05
Ábrese o prazo para a reserva de praza, de novos alumnos da escola infantil dende o día 26 de maio ao 9 de xuño.
As solicitudes poderán recollelas no Concello a partir do 26 de maio, no Rexistro (Oficinas Xerais) . Dende ese día a solicitude tamén estará disponible nesta web.
Estado de Emerxencia=>A Escola de Maiores sigue funcionando
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Lunes, 20 Abril 2020 16:47
-
Última actualización en Lunes, 20 Abril 2020 16:53
-
Publicado el Lunes, 20 Abril 2020 16:47
A Escola de Maiores do Concello de Xove segue en activo dende os domicilios. A Educadora Familiar, Angélica Casabella, elabora material cada 10 días para cada persoa participante, que é entregado a domicilio polo vixiante municipal.
Entre o material entregado inclúense fichas de língua, matemáticas, atención e concentración, estimulación cognitiva e memoria.
Deste xeito, a Escola de Maiores continúa coas súas actividades, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.

Estado de Emerxencia=>Vídeo das Profes Escola Infantil
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Domingo, 19 Abril 2020 20:37
-
Última actualización en Martes, 21 Abril 2020 13:36
-
Publicado el Domingo, 19 Abril 2020 20:37
Ola familias, queridos nenos e nenas, esperamos que esteades ben. Dende o equipo da Escola Infantil de Xove queremos enviarvos moito ánimo, botámosvos moito de menos pero sabemos que estades nas mellores mans coas vosas familias.Non sabemos cando voltaremos a estar de novo xuntiños na nosa escola esperamos que sexa pronto. Mentres tanto podedes facer moitas cousiñas e disfrutar de estar coa familia. Coidádevos moito, sede bueniños, sodes todos uns campeóns. MOITOS BICOS
----->30 ideas....
Recursos de internet:
MANUALIDADES PARA NENOS E NENAS
www.pequeocio.com
CONTOS CONTADOS
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33
Un vídeo de ánimo das profes da Escola Infantil a tódolos nenos ...
Un vídeo de CONSELLOS das profes da Escola Infantil a tódolos nenos ...
Estado de Emerxencia=>Servizo Entrega de Medicamentos
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 14 Abril 2020 13:46
-
Última actualización en Viernes, 17 Abril 2020 19:14
-
Publicado el Martes, 14 Abril 2020 13:46
ENTREGA A DOMICILIO DE MEDICAMENTOS CON RECEITA MÉDICA
Co fin de asegurar a continuidade e adherencia aos tratamentos e como medida excepcional ante o estado de alarma, o Concello de Xove pon a disposición das persoas maiores, persoas en situación de risco, vulnerabilidade ou con mobilidade reducida do municipio, o servizo de entrega a domicilio de medicamentos con receta médica, evitando así os desprazamentos e o risco de contacto na poboación máis vulnerable. Para solicitar este servizo, as persoas interesadas deberán chamar directamente ao concello (Tlfno.: 982 59 20 01), e dar os seus datos persoais, dirección e número da tarxeta sanitaria.O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar. Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na poboación de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc. Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias. Tamén puxemos en marcha o proxecto “Coas nosas cores buscamos o teu sorriso” para animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hospitais e nos centros residenciais galegos, ata as persoas enfermas e maiores que neste momento se encontran illadas e que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos. Polo tanto continuamos animando a todos/as os/as nenos/as e rapaces e rapazas a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,.... para poder chegar ao maior número de xente. Sen vós non sería posible!!
Temos habilitado o seguinte correo electrónico === Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. === así como o teléfono 982592001, nos que estamos a atender todas as demandas e consultas, ademais de ofrecelos como medios de información, asesoramento e resolución de todas as dúbidas e problemas que poidas xurdir nestes días aos nosos/as veciños/as.
PERSOA DE CONTACTO: José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)
Estado de Emerxencia=>Departamento de Servizos Sociais
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Viernes, 03 Abril 2020 16:24
-
Última actualización en Viernes, 17 Abril 2020 19:14
-
Publicado el Viernes, 03 Abril 2020 16:24
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar.
-
- Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na población de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc.
- Dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias.
- Puxemos en marcha o proxecto “Coas nosas cores buscamos o teu sorriso”. Continuamos animando a todos/as os/as nenos/as e rapaces e rapazas a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,....
- Para atender a todas as demandas e consultas habilitouse o correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., tamén no teléfono do Concello 982592001.
- PERSOA DE CONTACTO: José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)
Día Internacional da Muller en Xove e XII Chocolatada “Día da muller”
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Domingo, 08 Marzo 2020 18:55
-
Última actualización en Lunes, 09 Marzo 2020 08:49
-
Publicado el Domingo, 08 Marzo 2020 18:55
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, continúa co programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.
Hoxe, domingo, 8 de marzo, a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, desenvolveuse a XII edición da chocolatada, dirixida a todas as mulleres do Concello. Neste acto, que comezou cunha presentación a cargo da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, continuou cun vídeo adicado ás carteiras de Xove, as cales foron obxecto dunha homenaxe neste Día Internacional da Muller Traballadora.

As tres carteiras homenaxeadas tamén participaron nun coloquio dirixido por Lucía Sánchez, no cal compartiron as súas vicencias como carteiras con todo o público asistente.
Rematou este día coa tardicional chocolatada, servida, como en anos anteriores, pola pastelería Quico de Burela.
LIBRAMENTO DAS AXUDAS AO ESTUDIO CURSO 2019/2020
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Jueves, 19 Decembro 2019 13:55
-
Última actualización en Jueves, 19 Decembro 2019 14:00
-
Publicado el Jueves, 19 Decembro 2019 13:55
BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO CURSO 2019/2020
O pasado día 18 de decembro tivo lugar a Xunta de Goberno Local na que se aprobaban as bolsas e axudas ao estudio para o curso 2019/2020, concedidas e financiadas integramente polo Concello de Xove.
O número total de axudas concedidas é de 85, ascendendo o gasto total a 30.487,46.-€.
Como todos os anos, as bolsas se diferencian en varias modalidades, a modalidade de estudos universitarios, na que se concede un total de 15.713,39.-€, a modalidade de ciclos formativos que non existan na comarca, concedido un total de 1.311,14.-€, a modalidade para alumnos/as con discapacidade, cuxa contía ascende a 6.000,00.-€, a modalidade para compra de material (infantil, primaria, eso, bach e ciclos), cun total de 6.462,93.-€, e as axudas concedidas para a modalidade de máster, que ascende a 1.000,00.-€.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|