Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Termalismo Social IMSERSO 2020
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 17 Decembro 2019 14:09
-
Última actualización en Miércoles, 18 Decembro 2019 11:30
-
Publicado el Martes, 17 Decembro 2019 14:09
Requisitos das/dos usuarias/os
1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
Leer más:Termalismo Social IMSERSO 2020
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Domingo, 24 Novembro 2019 10:30
-
Última actualización en Lunes, 25 Novembro 2019 12:03
-
Publicado el Domingo, 24 Novembro 2019 10:30
Actos Conmemorativos
A Oficina de Información Xuvenil e as Concellerías de Igualdade, Xuventude e Cultura do Concello de Xove, organizaron onte os actos conmemorativos do “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, no pavillón municipal unha Gymkana pola igualdade, na que participaron rapaces e rapazas do municipio. Posteriormente na praza do concello soltáronse luminarias en memoria das vítimas.

Os actos conmemorativos rematarán hoxe, domingo 24, as 19:00 horas coa obra de teatro “Iriña Bailarina”, representada polo Teatro dos Gazafelhos. MÁIS FOTOS EN FACEBOOK-->
103 anos
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 20 Novembro 2019 14:44
-
Última actualización en Miércoles, 20 Novembro 2019 14:47
-
Publicado el Miércoles, 20 Novembro 2019 14:44
Onte, martes 19 de novembro, a avoa de Xove estivo de cumpreanos, concretamente 103 anos. Isto significa que naceu en plena Iª Guerra Mundial. Pois ben, coma nos últimos anos, o Concello, a través do seu alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais fíxolle unha pequena homenaxe na súa casa, onde Constantina estivo arroupada por unha parte da súa familia.

Aberto o prazo para solicitar BECAS 2019
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 29 Outubro 2019 12:07
-
Última actualización en Miércoles, 30 Outubro 2019 09:22
-
Publicado el Martes, 29 Outubro 2019 12:07

Onte, luns 28 de outubro, e ata o luns 18 de novembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR NO CONCELLO DE XOVE AS BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO 2019/2020.
Para formalizar as solicitudes o poden facer presencialmente no Departamento de Servizos Sociais, ou ben a través da Sede Electrónica.
BASES BECAS - CONVOCATORIA BECAS 2019
As bolsas e axudas ao estudo reguladas nas presentes bases teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados do aloxamento, material e pago das taxas ou prezos de quen se atope realizando estudos, coas dotacións máximas e demais condicionantes que se fixan nas bases posteriores. A contía destinada ás presentes axudas é de 43.000 €.
As bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove contemplan as seguintes modalidades:
- Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €.
- Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €.
- Modalidade 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha.
- Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación: Preescolar: 65,00 €.- Primaria e ESO: 60,00 €.- Bacharelato: 125,00 €.- Ciclos formativos: 125,00 €
- Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.
- Modalidade 6.- Axudas para master, dotada con 500,00 €.

Aberta a inscripción para o Encontro de palilleiras' 2019
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 18 Setembro 2019 08:52
-
Última actualización en Miércoles, 18 Setembro 2019 09:01
-
Publicado el Miércoles, 18 Setembro 2019 08:52
Continúa aberta a inscrición para o X Encontro de Palilleiras de Xove que desenvolver o sábado 5 de outubro, durante todo o día, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. As palilleiras que queiran inscribirse neste Encontro o poden facer dende o 19 de agosto ata o venres 20 de setembro nos seguintes tfnos de contacto:
- Concello de Xove: 982 59 20 01.
- Mercedes Barro (prof. De bolillos): 679 89 42 19.
- Carmen García (prof. De bordado): 982 59 26 86.

En canto aos vendedores que queiran participar no Encontro cos seus produtos, teñen tamén o mesmo prazo prazo para inscribirse, do19 de agosto ao 20 de setembro. Neste caso, a súa inscrición a terán que facer por correo electrónico dirixindo as súas solicitudes ao email: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
Entrega de diplomas “Escola de Maiores”
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Viernes, 28 Xuño 2019 19:33
-
Última actualización en Viernes, 28 Xuño 2019 19:38
-
Publicado el Viernes, 28 Xuño 2019 19:33
Hoxe, venres día 28 de xuño, 30 alumnos da “Escola de Maiores” do Concello de Xove asistiron a unha comida no restaurante "Louzao", organizada por eles mesmos, para clausurar este curso escolar 2018-2019.

Durante a comida estiveron acompañados polo Alcalde, Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, que unha vez finalizada a comida, encargáronse de entregar os diplomas a cada asistente.
Axudas ao Estudio 2019 en Xove
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 28 Maio 2019 14:42
-
Última actualización en Martes, 28 Maio 2019 14:58
-
Publicado el Martes, 28 Maio 2019 14:42
Hai uns días foron aprobadas un ano mais, as --Bases Reguladoras-- da concesión das Axudas ao Estudio do Concello de Xove, nas modalidades de COMEDOR, ESTANCIA E DESPRAZAMENTO para o exercicio 2019.
A.-Axudas de comedor para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove: 240,00 euros cada unha. 
B.- Axudas de estancia:
- 1.- Estudantes universitarios en universidades españolas: 250,00 euros cada unha.
- 2.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca: 250,00 euros cada unha.
- 3.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores: 250,00 euros cada unha.
C.- Axudas de desprazamento:
- 1.-Axudas para estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal: 300,00 euros cada unha.
- 2.- Axudas para estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior: 300,00 euros cada unha.
- 3.- Axudas para estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca: 150,00 euros cada unha.
- 4.- Axudas para estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores: 150,00 euros cada unha.
- 5.- Axudas para estudantes universitarios en universidades españolas: 150,00 euros cada unha.
Para o acceso a estas axudas terase en conta o previsto nas Bases sobre a renda per cápita familiar, na que se engloban os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia. Outro requisito importante é que para acceder a estas axudas haberá que estar empadronado e ter residencia efectiva do núcleo familiar no Concello de Xove.
Por último, decir que o prazo de presentación de solicitudes abarcará desde o 17 de xuño ata o 8 de xullo, ámbolos dous días incluídos.
Vista da Escola de Maiores a Navia
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 21 Maio 2019 14:27
-
Última actualización en Martes, 21 Maio 2019 14:31
-
Publicado el Martes, 21 Maio 2019 14:27
Hoxe, 21 de maio, unhas 40 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove están a facer unha viaxe cultural ao concello asturiano de Navia. Pola mañá visitaron o Santuario Mariano de Villaoril, continuando despois en Puerto de Vega coa visita á Santa Marina (chamada catedral barroca de Asturias) e ao museo etnográfico “Príncipe de Asturias”.

A visita de pola tarde inclúe o Parque da Vida de La Mata e o museo casa-palacio de Tapia de Casariego. Nesta viaxe o grupo está acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.
Celebrando o Día das Letras Galegas na Escola Infantil
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Lunes, 20 Maio 2019 11:51
-
Última actualización en Lunes, 20 Maio 2019 11:51
-
Publicado el Lunes, 20 Maio 2019 11:51

Viaxe a Asturias e Cantabria 2019
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Sábado, 13 Abril 2019 20:48
-
Última actualización en Sábado, 13 Abril 2019 21:04
-
Publicado el Sábado, 13 Abril 2019 20:48
A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove organizou unha viaxe cultural, durante esta fin de semana, do 12 ao 14 de abril, a Cantabria e Asturias para os rapaces e rapazas do municipio que cursan ESO. Un total de 40 xóvenes de entre 12 e 15 años participan nesta viaxe acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López e Silvia Rodríguez e a concelleira Ana Abad

Hoxe visitaron o parque da natureza de Cabarceno e despois coñeceron Santillana del Mar. Mañá domingo, visitarán pola mañá o Museo Jurásico de Asturias.
Programa de Benestar en balnearios 2019
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Martes, 02 Abril 2019 11:38
-
Última actualización en Martes, 02 Abril 2019 17:13
-
Publicado el Martes, 02 Abril 2019 11:38
Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove dáse a conocer a nova convocatoria de un total de 700 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios da Xunta de Galicia.
*****Prazo de presentación de solicitudes : ata o 2 de maio de 2019.

Persoas beneficiarias e requisitos
1. Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f) ) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
2. A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
a) O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
b) Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos anteriores, agás o da letra a).
c) Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados anteriormente.
3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Servizos e prestacións que se inclúen
a) Estadía de 10 días, 9 noites.
b) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
c) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:
-
-
- O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
- O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
- O seguimento médico do tratamento.
d) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro, residencial ou termal.
e) Póliza colectiva de seguro turístico.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS607A
Para a tramitación destas solicitudes poderán consultarse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (DNI), ou número de identificación de estranxeiro (NIE), segundo proceda, relativo á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
b) Certificado de empadroamento relativo á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
c) Declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período no que se presente a solicitude ou certificado das pensións outorgadas polo INSS ou pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
d) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado foi expedido pola Xunta de Galicia.
No caso de que as persoas interesadas ou acompañantes se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude ou nos anexos II ou III, segundo proceda, e achegar os documentos acreditativos correspondentes.
En todo caso, e cando proceda, terán que xuntar os seguintes documentos:
- Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso á que se acompaña.
- Libro de familia da persoa solicitante, no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
- Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
- Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non foi expedido pola Xunta de Galicia ou non estiver no poder desta.
- Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial.
A documentación complementaria tamén se presentará preferiblemente por vía electrónica
* En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de tres destinos por orde de prioridade.
Leer más: Programa de Benestar en balnearios 2019
Solicitude de praza na Escola Infantil 2019-2020
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Viernes, 29 Marzo 2019 18:46
-
Última actualización en Lunes, 01 Abril 2019 09:33
-
Publicado el Viernes, 29 Marzo 2019 18:46
O día 25 de marzo abreuse o prazo para efectuar as solicitudes de praza do NOVO INGRESO na Escuela Infantil para o curso 2019/2020, que permanecerá aberto ata o día 26 de abril. A documentación a presentar, xunto ó modelo de solicitude que se facilita no Departamento de Servicios Sociales, é o seguinte:
Documentación acreditativa da situación familiar:
-
- Fotocopia cotexada ou dixitalizada do Libro de Familia completo ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar
- Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade das/os nais/pais ou representantes legais segundo proceda título de familia numerosa
- No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, informes do Equipo de Valoración e Orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia ou da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.
- Certificado de empadroamento da crianza e dun dos proxenitores ou representante legal que será expedido polo concello no que se sitúe a escola
- Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.
- No caso de estar censado nun concello limítrofe a aquel onde radique a escola, certificado de empadroamento do concello do que procede
- Certificación correspondente no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado de discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou enfermidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar
- A condición de familia monoparental acreditarase con fotocopia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno - filiais
- Outros documento se procederen, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. Informe dos Servizos Sociais do Concello ou da administración autonómica nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.
- Documentación acreditativa da situación laboral ou de cursar estudos oficiais:
- Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.
- Certificación expedida polo INEM acreditativa das prestacións percibidas, de ser o caso ou de estar inscrito como demandante de emprego
- No suposto de profesionais liberais e autónomos, certificado expedido pola Administración Estatal da Axencia Tributaria que acredite a alta no IAE e os pagamentos fraccionados do ano correspondente.
- No suposto de cursar estudios oficiais, certificación que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.
- Documentación acreditativa da situación económica:
- Copia cotexada da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar. Para o suposto de que non se teña presentada, certificación que avale a súa non presentación. De non presentarse este certificado, acompañarase copia cotexada da última nómina.
- No suposto de percibir pensión, certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da administración autonómica pagadora da mesma
- Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerase a renda de quen exerza a garda e custodia do/a menor e as pensións compensatoria que perciba o cónxuxe que a ostente e de alimentos dos/as fillos/as ao seu cargo. No caso de non as percibiren, acreditarase esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto, ou declaración xurada de non percibila.
Arrendamento de Vivendas de titularidade municipal
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Lunes, 18 Marzo 2019 13:01
-
Última actualización en Lunes, 18 Marzo 2019 14:17
-
Publicado el Viernes, 18 Xaneiro 2019 13:01
O viernes 22 finaliza o prazo para solicitar las viviendas municipales en régimen de alquiler (2ª convocatoria) --BASES---
Ditas Bases asi como o modelo de instancia atopánse ao dispor dos interesados tamén nas dependencias do Servicios Sociais Municipais.
Homenaxe do Concello a Josefa Domínguez García polos seus cen anos.
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 13 Marzo 2019 11:09
-
Última actualización en Miércoles, 13 Marzo 2019 12:47
-
Publicado el Miércoles, 13 Marzo 2019 11:09

Onte martes, 12 de marzo, o Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, visitaron a Josefa Domínguez, que cumpreu 100 anos. O alcalde e a concelleira acudiron ao domicilio desta veciña en Morás, onde a acompañaban os seus familiares para celebrar este día, facéndolle entrega dun ramo de flores e unha tarta de aniversario. Aos seus 100 anos, Josefa fixo gala do seu bo humor e simpatía.
XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Domingo, 10 Marzo 2019 18:56
-
Última actualización en Domingo, 10 Marzo 2019 19:02
-
Publicado el Domingo, 10 Marzo 2019 18:56
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, continúa co programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Hoxe, domingo, 10 de marzo, a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico desenvolveuse a XI edición da chocolatada, dirixida a todas as mulleres do Concello.
As actividades do Día Internacional da Muller van continuar a vindeira semana:
- Xoves, 14 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” BERRANDO SOLUCIÓNS. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e 0s 17 anos. Inscrición ata o 11 de marzo, no Centro Xuvenil.
- Venres, 15 de marzo: de 16:00 a 20:00 h. na Aula Multideportiva do Concello, OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA. Coa participación do Club Defensa Personal y Policial HKF. Preinscrición na OMIX ata o mércores 13 de marzo.

Día Internacional da Muller Traballadora' 19
- Detalles
-
Departamento de Servizos Sociais
-
Creado en Miércoles, 06 Marzo 2019 12:57
-
Última actualización en Miércoles, 06 Marzo 2019 13:07
-
Publicado el Miércoles, 06 Marzo 2019 12:57
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA:

- Xoves, 7 de marzo: ás 13:00 h. na Praza do Concello, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón, concentración e lectura do Manifesto Pola Igualdade”. Coa colaboración do IES Illa de Sarón.
- Do 8 ao 15 de marzo: Exposición “Mulleres de Hoxe”, realizada polo alumnado do IES Illa de Sarón.
- Domingo, 10 de marzo: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Acto dirixido a todas as mulleres do Concello.
- Xoves, 14 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” BERRANDO SOLUCIÓNS. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e 0s 17 anos. Inscrición ata o 11 de marzo, no Centro Xuvenil.
- Venres, 15 de marzo: de 16:00 a 20:00 h. na Aula Multideportiva do Concello, OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA. Coa participación do Club Defensa Personal y Policial HKF. Preinscrición na OMIX ata o mércores 13 de marzo.-
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|