Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Escola Infantil: Día da Paz

Na escola infantil este ano para celebrar o día da paz fixemos un puzzle con forma de corazón. Cada neno levou unha peza para a súa casa e decorouna e despois xuntamos as pezas e formamos este corazón.

Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta

Dende o Departamento de Servizos Sociais, comunicase que xa pode solicitarse  o  Bono de Alugueiro Social da Xunta  (tamén se tramita no Departamento de Servizos Sociais do Concello),  destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:

    • Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
    • As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
    • Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
    • Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social.
    • Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
    • Aquelas que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.

Leer más:Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta

Aberto o prazo para solicitar o Tícket Eléctrico Social de Galicia

Dende hoxe, no  Departamento de Servizos Sociais do Concello xa se poderán tramitar as axudas da Xunta de Galicia  para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia.

 Normativa: Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A). Extracto  (DOG nº 10 do 16/01/2017)

Obxecto:Subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).

Contía :Será unha cantidade fixa de 180 € ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, e de 300 € ao ano para as que acrediten ser ademais familia numerosa.

Gastos subvencionables: Serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2016 e o 30 de xuño do 2017. No caso de que unha factura abranga un período que saia en parte do período subvencionable, considerarase subvencionable o custo rateado dos días incluídos nel.

 ----> MÁIS INFORMACIÓN NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA E NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO <---------

 Prazo de presentación: Do 17 de xaneiro ao 15 de xullo de 2017.

 

Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal

Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.  Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. 

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Leer más:Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal

Aprobadas as Becas e Axudas ao Estudo 2016/2017

No pasado mes de outubro de 2016 foron aprobadas, un ano mais, as bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove, rematando o prazo de presentación das solicitudes o día 16 de decembro do mesmo ano.

As modalidades das axudas, como ven sendo habitual, son as seguintes:

    • Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
    • Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
    • Modalidade 3.- Axudas para alumnos/as discapacitados/as físicos ou psíquicos
    • Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar.
    • Modalidade 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
    • Modalidade 6.- Axudas para máster.

O día 9 de xaneiro de 2017 celebrouse a sesión da Xunta de Goberno Local, logo da Xunta Municipal de Portavoces, na que se adoptou a aprobación da concesión dun total de 74 axudas das 88 solicitudes presentadas. As axudas concedidas,  foron:

    • 20 para estudos universitarios: 27.025,81 €.  
    • 4 para ciclos formativos que non existen na comarca: 1.657,98 €.  
    • 8 para alumnos/as con discapacidade: 7.500 €.  
    • 40 para compra de material escolar: 4.185 €.  
    • 2 para máster:  1.000 €.

 

Dende a Concellería de Servizos Sociais  quérese destacar o esforzo orzamental que o Concello fai cada ano co fin de potenciar a educación no noso Concello, nunha aposta clara polo futuro dos nosos xoves; recordamos que estas axudas abranguen a tódolos estractos educativos, dende os estudios infantís ata os estudios universitarios, doutoramentos e masters.  

Significativo é tamén o incremento no investimento, como podemos apreciar nos datos que mostramos a continuación, que mostran as cantidades investidas polo Concello nos tres últimos anos, cun incremento do 7% no 2016 con respecto ao 2015 e cun 5 % no 2017 respecto do 2016: ANO 2015 (CURSO 2014/2015):  36.810,67 €; ANO 2016 (CURSO 2015/2016):  39.372,64 € (+ 7%) e ANO 2017 (CURSO 2016/2017):  41.368,79 € (+ 5%)

A diferenza de convocatorias anteriores, neste curso o pago das axudas realizarase por TRANSFERENCIA BANCARIA (ultima semana de Xaneiro).

O total das axudas para este curso 2016/2017 é de 41.368,79 €.

 

Termalismo Social IMSERSO 2017

O Programa de Termalismo ofrece acceso a tratamentos térmicos nos establecementos con manantiales de auga mineral medicinal declaradas de utilidade pública, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e promover o envellecemento activo, mellorando saúde e prevención de dependencia.

 Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

    • Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
    • Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
    • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
    • Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Documentación: Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2015, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:

  • Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

Prazo de presentación: Para participar no proceso de adxudicación de praza : Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 13 de xaneiro de 2017 e para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 12 de maio de 2017.

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 12 de maio de 2017 e para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2017.

Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2016, os seus expedientes estén completos.

Máis información:Balnearios participantes 2017  e Web IMSERSO 

 

Programa Xuntos Polo Nadal 2016

SI ES MAIOR E ESTÁS SÓ/SOA NO NADAL, PODES PASAR ESTAS DATAS ACOMPAÑADO/A.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

 Este programa levarase acabo entre ol 23 de decembro de 2016 e o 2 de xaneiro de 2017, e comprende os seguintes servizos:

    • Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
    • Aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
    • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
    • Actividades de animación sociocultural.

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola mañá e a volta o día 2 de xaneiro despois do xantar. 

cool  máis información no DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO e tamén  na 

 

 

Acta Selección de Coidadora para a Escola Infantil de Xove

RESOLUCIÓN DO CONCURSO PARA A SELECCIÓN URXENTE DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE 1 COIDADOR/A A XORNADA COMPLETA PARA A ESCOLA INFANTIL DE XOVE (PROGRAMA DEPUEMPREGO) 

 

Acta do Tribunal Resolución de Contratación

 

 

 

Bolsas e Axudas ó Estudo 2016

 Pola Xunta de Goberno Local, fixose a aprobación das bases regulamentadoras para a  Concesión de bolsas e axudas   para  o curso escolar 2016-2017 nas modalidades seguintes:

Bolsas e axudas ao estudo universitario, Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela; Axudas para alumnos/as discapacitados/as físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación; Axudas para compra de material escolar; Axudas para estudos de doutoramento e Axudas para máster.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS SOLICITANTES : 

Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais).

  • Fotocopia do DNI do solicitante.
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Certificado de empadroamento colectivo.
  • Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda
  • Notas acadadas no curso 2015/2016, con excepción de educación infantil e primaria.
  • Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros  maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
  • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello de Xove.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- Os interesados en acceder ás axudas deberán solicitalo no impreso normalizado facilitado polo Concello. As solicitudes atoparanse a disposición dos interesados e poderán presentarse nas dependencias de Servizos Sociais do Concello dende o 3 de novembro   ata o 16 de decembro de 2016.

 boton legislacion

 

XXIV Festa da Terceira Idade en Xove

A FESTA DA TERCEIRA IDADE,  que xa vai pola súa XXIV edición, vai dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos (xubilados) cos seus cónxuxes ou parellas do noso Concello. Ata hoxe martes 18 de outubro está aberto o prazo para apuntarse, o cal poden facer no Departamento de Servizos Sociais en horario de oficina do Concello. A mesma vai desenvolverse o VENRES 21 DE OUTUBRO con actividades ao longo de todo o día, con arranxo ao seguinte programa.

    • 12:30 horas.- Misa no Salón de Actos do Centro Cívico, acompañada por un Cuarteto de Cordas da Escola Municipal de Música.
    • 14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.

Unha vez rematado o xantar, por parte do Concello, vaise facer entrega dun agasallo aos máis maiores da Festa, home e muller. Posteriormente tódolos participantes van disfrutar dun baile. O Concello, o mesmo que en edicións anteriores, pon autobuses gratutitos a disposición de tódolos participantes que así o queiran, tanto para ida como para o retorno.

A Escola de Maiores de Xove comezou o curso 16/17

AdultoEstudia2Un ano máis o Departamento de Educación Familiar puxo en marcha a Escola de Maiores cun total de 42 persoas anotadas. A Escola no só ten unha finalidade de acadar e reforzar coñecementos, senón tamén unha función social (fomentar as relacións sociais), psicológica (mellorar a autoestima) e de saúde (fomentar hábitos de vida saudable). Na escola tamén se aproveita para que os alumnos desenvolvan as súas potencialidades e capacidades.

A Escola está divida en 3 grupos segundo o nivel de coñecementos dos participantes: Un grupo para persoas que xa teñen unha certa preparación e un segundo grupo intermedio para persoas con coñecementos moi básicos e  un terceiro grupo para persoas con mínimos coñecementos. A Escola comezou o pasado 3 de outubro  e rematará as súas actividades a mediados de xuño, coas vacacións correspondentes de Nadal, Entroido e Semana Santa. 

A idade dos alumnos/as está comprendida entre os 60 e os 88 anos. Esta Escola compleméntase cun taller de memoria que se realiza despois de rematado o curso,  durante  o mes de xullo, como acto final. Dentro das actividades programadas, durante o ano realizan varias excursións de tipo cultural ao exterior, actividades dun día  por Concellos de Galicia e Asturias. Tamén asisten a charlas e outras actividades complementarias de interese: charlas médicas, información sobre cuestións de seguridade impartidas pola Guardia Civil, etc.

 

Aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de Xove

O sábado 1 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.  A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abreu o 22 de agosto a inscrición de palilleiras, as cales inda poderán anotarse ata o mesmo VENRES 16 DE SETEMBRO.  

A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.  

Por outra banda, decir que inda continúa aberta a Exposición COAS NOSAS MANS IX, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. Mañá, xoves 25 de agosto, será o último día que se poderá visitar esta exposición na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove.

 

Lista admitidos Escola Infantil 2016

Hoxe, día 2 de agosto de 2016, faise pública a listaxe de nenos/as admitidos/as e excluidos/as na Escola Infantil para o curso 2016/2017. Poderase consultar na Escola Infantil e no taboleiro de Servizos Sociais.

Festa de Fin de Curso na Escola Infantil 2016

Hoxe, a media mañá, tódolos nenos e nenas da Escola Infantil de Xove disfrutaron dun día especial xa que remataron o curso dunha maneira oficial. E que mellor maneira de finalizar que cunha festa, a que asistiron todos eles  mailos seus pais. A festa foi temática, adicada aos piratas, estando amenizada polo grupo O RINCÓN DO TRASGO de Burela. Un desfile de piratas, actividades de globoflexia, música en vivo, etc., foron algunhas das actividades das que puideron disfrutar. Os máis maiores, como despedida da Escola, xa que para o ano incorporaranse na súa maioría ao Colexio Pedro Caselles,  recibiron un diploma do alcalde Demetrio Salgueiro. Unha boa merendola con gusanitos e outras exquisiteces puxo fin á festa.

Visita dos nenos da Escola Infantil

Hoxe, aproveitando o bo tempo, tódolos nenos/as da Escola Infantil de Xove disfrutaron dunha xornada no exterior; deste xeito, desprazáronse á Praza do Centro Cívico onde puideron disfrutar do coche do Servizo Municipal de Vixiancia e do coche de bombeiros

 Persoal municipal especializado colaboruou nesta xornada, e os nenos puideron entrar nos coches, ver as sirenas encendidas, como funcionan as mangueiras, etc.

 

Reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2016/2017

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar a reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2016/2017 abarcará do 29 de xuño a 13 de xullo para alumnos/as de novo ingreso.

Documentación a presentar para solicitar a Reserva de Praza :

    • Impreso de solicitude (facilitarase no Departamento de Servizos Sociais).
    • Fotocopia do DNI ou pasaporte dos/as pais/nais ou representante legal.
    • Fotocopia do Libro de Familia.
    • Título de Familia Numerosa, de ser o caso.
    • Certificado de Empadroamento Colectivo.
    • Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros  maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións, certificado do INEM acreditativo das prestacións percibidas, certificado expedido por Facenda que acredite a alta no IAE e os pagos fraccionados do ano correspondente,...)
    • Sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno filiais, de ser o caso.
    • Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude, con especificación da xornada laboral.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo