Concerto musical en Xove
Mañá sábado 16 de FEBREIRO, a partires das 20:00 horas, vai ter lugar un CONCERTO DE ÓPERA, ORATORIO E CANTATA no Salón de Actos do Centro Cívico. O concerto vai contar coa participación da CORAL HOSPITAL-LUGO E A ORQUESTRA DE XOVE. Trátase a última actividade incluida no Programa que a Concellería de Cultura do Concello organizou dentro do Antroido 2013 en Xove. Este espectáculo está subvencionado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo.
O concerto é o primeiro dunha serie de tres concertos, a celebrar, ademáis de Xove, en Chantada e Vilalba os sábados 23 de febreiro e 2 de marzo.
O contido do concerto é unha escolma de coros e arias famosas de ópera, cantata e oratorio, dende o barroco (Haendel, Vivaldi) ate o século XX (Puccini), sen esquecer a Giuseppe Verdi, pois no ano 2013 estase a celebrar a efeméride dos 200 anos do seu nacemento.
No concerto intervirá o Coro do hospital Xeral - Calde de Lugo (que dirixe Fernando Gómez Jácome) e a Orquestra Municipal de Xove, todos baixo a dirección de Xan Carballal. Tamén detacará a intervención da soprano Paloma Suanzes, na famosa aria "O mio babbino caro" de Puccini.
- Coral Polifónica do Hospital Xeral – Calde (LUGO)
- Cris Delgado, Ana González, Mercedes López, Pilar Areán, sopranos1
- Inés Rouñada, soprano2
- Francisco Javier Rodriguez, baixo3
- Julio Méndez Menéndez 4
- Paloma Suanzes5
- (Director do coro: Fernando G. Jácome)
- Orquestra de Xove
- Dir.: Xan Carballal
- Programa
- Ludwig van Beethoven
- Overtura de EGMONT
- Antonio Vivaldi
- Credo RV 591 ( 1º mov.)
- Georg Friederich Haendel
- Lascia ch'io pianga (Da ópera RINALDO, acto 2º escea 4ª)1
- Ombra mai fu (Da ópera XERXES, acto 1º escea 1ª)
- Hallelujah (Do Oratorio MESSIAH, parte 2ª nº 44)
- Wolfgang Amadeus Mozart
- Laudate Dominum (Das VÉSPERAE SOLENNES DE CONFESSORE, K339, 5º movemento)2
- O Isis und Osiris (Da ópera DIE ZAUBERFLÖTE, K 620, acto 2º número 10)3
- Terzettino (Da ópera COSÍ FAN TUTTE, K 588, acto 1º escea 6º)
- Enric Grandados
- Preludio de GOYESCAS
- Vincenzo Bellini
- Vi raviso, o luoghi ameni (Da ópera SONNAMBULA, acto 1º, número 4 - nº49 de ensaio)4
- Giacomo Puccini
- O mio babbino caro (Da ópera GIANNI SCHICCHI, acto)5
- Jacques Offenbach
- Entreacto y Barcarolle (Da ópera LES CONTES D'HOFFMANN, acto 3º)
- Giuseppe Verdi
- Coro de zíngaros (Da ópera IL TROVATORE,acto 2º, escea 1ª)
- Coro de escravos (Da ópera NABUCO, acto 3º)