Concerto musical en Xove

PANXONMañá sábado 16 de FEBREIRO, a partires das 20:00 horas, vai ter lugar un CONCERTO DE ÓPERA, ORATORIO E CANTATA no Salón de Actos do Centro Cívico. O concerto vai contar coa participación da CORAL HOSPITAL-LUGO E A ORQUESTRA DE XOVE. Trátase a última actividade incluida no Programa que a Concellería de Cultura do Concello organizou dentro do Antroido 2013 en Xove. Este espectáculo está subvencionado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo.

O concerto é o primeiro dunha serie de tres concertos, a celebrar, ademáis de Xove,  en Chantada e Vilalba os sábados 23 de febreiro e 2 de marzo.

O contido do concerto é unha escolma de coros e arias famosas de ópera, cantata e oratorio, dende o barroco (Haendel, Vivaldi) ate o século XX (Puccini), sen esquecer a Giuseppe Verdi, pois no ano 2013 estase a celebrar a efeméride dos 200 anos do seu nacemento.

No concerto intervirá o Coro do hospital Xeral - Calde de Lugo (que dirixe Fernando Gómez Jácome) e a Orquestra Municipal de Xove, todos baixo a dirección de Xan Carballal. Tamén detacará a intervención da soprano Paloma Suanzes, na famosa aria "O mio babbino caro" de Puccini.