Ciclo de Cine Ambiental e Solidario no IES Illa de Sarón

O Concello de Xove, xunto co IES Illa de Sarón, organizan un CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO dirixido a tódolos alumnos/as do Instituto. O Ciclo está patrocinado polo Centro de Extensión Universitaria  e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

O ciclo, denominado BUTACA VERDE, de carácter documental, comprende as seguintes películas: “MARCHA ATRÁS”, “GREEN” E “AMAZONÍA CARBONIZADA”. O lugar das proxeccións vai ser o IES Illa de Sarón, con arranxo aos seguintes horarios:

A intención de realizar este ciclo, tanto por parte do IES Illa de Sarón como por parte do Concello, é a de concienciar aos nosos xoves no cuidado e protección do noso medioambiente, e isto a través de medios audiovisuais tan interesantes coma os documentais.