Tirada de Bolos Concello de Xove 2015/2016

INCIDENCIAS DA 18ª  TIRADA   (CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS  - Sábado, 5 MARZO DE 2016)

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove   / Club de Bolos Xove        

 

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  SUMOAS   (5 MARZO 2016)

   30  INSCRITOS: 16  NA LIGA SENIOR,    6  NA LIGA SUB 16   E    8   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                  NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 239 12
SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 231 10
TERCEIRO ALEX MEITÍN SERANTES 230 8
CUARTO JORDI MEITÍN SERANTES 215 7
QUINTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 205 6
SEXTO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 200 5
SÉTIMO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA 193 4
OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 184 3
NOVENO LUIS RANCAÑO BOUSO 180 2
DÉCIMO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 161 1
MELLOR BOLADA ALEX MEITÍN SERANTES 76 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ 211 6
SEGUNDO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 166 4
TERCEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO 117 3
CUARTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 108 2
QUINTO JAVIER ALONSO LÓPEZ 104 1
MELLOR BOLADA DANIEL ALONSO LÓPEZ 62 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 123 6
SEGUNDO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 122 4
TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL 121 3
CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA 118 2
QUINTO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 110 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 50 1

Tarde frie. 30 participantes nesta última tirada da tempada. Campo difícil dado as copiosas choivas previas á competición.

Liga Senior Masculina.- Definido o título a favor de Rafael González, quedaba por saber nesta última tirada se Arturo Vigo lle podía arrebatar a Sócrates Campo a segunda posición. Pois ben, Sócrates mantivo ese segundo posto con comodidade xa que se permiteu o luxo de gañar esta última tirada da tempada.

CAMPIÓN J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ TROFEO E 200 €
SUBCAMPIÓN SÓCRATES CAMPO SUÁREZ TROEFO E 150 €
TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA TROFEO E 100 €

MELLOR BOLADA

DO CAMPIONATO

ARTURO VIGO CASABELLA con 105 tantos, bolada obtida o 20 de febreiro pasado na Bolera do Centro Social de Vilachá TROFEO E 50 €
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto de clasificados ata a posición número 12.

Dentro da Liga Senior Masculina temos un apartado adicado aos xogadores maiores de 60 anos (LIGA DE MAIORES), dado que os tres xogadores maiores da citada idade que conseguiran máis puntos durante a liga regular teñen dereito a tres premios.

Nesta Liga repiteu victoria Arturo Rodríguez. Modesto Albo, que o pasado ano foi subcampión desta categoría, este ano non puido quedar entre os tres primeiros, dado que José González lle arrebatou este ano o posto no podium.

Liga de Maiores de 60 anos

CAMPIÓN ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ TROFEO E 75 €
SUBCAMPIÓN JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ TROEFO E 50 €
TERCEIRO JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ TROFEO E 25 €
TROFEO AO XOGADOR DE MAIOR IDADE: MODESTO ALBO VIDAL DE 86 ANOS

Liga Senior Feminina.- Nesta Liga xa estaba todo o pescado vendido, polo que non houbo ningunha sorpresa final.  Destacar a progresión da campiona, Salomé Cardoso, quen na súa segunda tempada na categoría consigue a súa primeira victoria final. Tamén hai que sinalar a extraordinaria competición que realizou a  teceira clasificada Salomé Bermúdez, xogadora máis veterana do torneo que tivo unha progresión excelente no seu xogo dende a pasada tempada. Tamén de excelente se pode calificar a participación da Subcampiona, que non puido repetir título, pero pelexou ata o final polo mesmo.

CAMPIÓN SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ TROFEO E 90 €
SUBCAMPIÓN BELÉN MEITÍN ROUCO TROEFO E 75 €
TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN TROFEO E 50 €
MELLOR BOLADA DO CAMPIONATO

SALOMÉ BERMÚDEZ BEN con 91 tantos,

bolada obtida o 20 de febreiro pasado na Bolera do Centro Social de Vilachá

TROFEO E 50 €
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto de  clasificados ata a posición número 5.

Liga Sub 16.- Nesta categoría, cos dous primeiros postos xa decididos, quedaba por dirimir quen se facía coa terceira posición do podium final. Juan Manuel Ferro, que partía cos mesmos puntos que Julia López,  non conseguiu puntuar nesta última tirada, e perdou a terceira posición que foi finalmente para Julia.

CAMPIÓN DANIEL ALONSO LÓPEZ TROFEO E 90 €
SUBCAMPIÓN MIGUEL LÓPEZ FORMOSO TROEFO E 75 €
TERCEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO TROFEO E 50 €
MELLOR BOLADA DO CAMPIONATO.

DANIEL ALONSO LÓPEZ con 75 tantos,

bolada obtida o 14 de novembro pasado na Bolera do Centro Social de Vilachá

TROFEO E 50 €
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto dos  clasificados ata a posición número 5.

Nesta categoría hai que tres xogadores que van cambiar de categoría para vindeira tempada; concretamente Daniel Alonso, Miguel López e Juan Manuel Ferro van pasar a Liga Senior, na que seguramente van a ser a referencia a seguir nos vindeiros anos, xa que se trata de tres xogadores físicamente moi fortes, iso sí,  cun amplo marxe de mellora técnica.

Como conclusión a esta temporada, destacaríamos dous aspectos, por un lado a alta participación cunha media superior aos 30 inscritos por tirada, e por outra a consolidación dun núcleo infantil/xuvenil de xogadores/as que durante os anos vindeiros deberán tomar o relevo e renovar o espectro social deste xogo. Estes dous feitos demóstranos que o xogo de bolos está consolidado no noso Concello e que este xogo ten futuro.  

Rematada a competición, o alcalde, acompañado da concelleira de deportes Cristina Iglesias, fixeron entrega dos trofeos e premios aos vencedores.