CONCERTOS DA FRATERNIDADE - ensaios previo

Os 4 Concertos da Fraternidade, que foron presentados o pasado día 4 en Xove, xa están en marcha e tiveron hoxe unha cita importante, xa que unha boa parte dos participantes, non todos, xuntáronse hoxe no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para un ensaio do que vai constituir o primeiro concerto, que se vai desenvolver en Xove o vindeiro VENRES 13 DE MAIO, A PARTIRES DAS 20:30 HORAS.

As 4 agrupacións que participan (Conservatorio de Viveiro e Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo) xa están a realizar ensaios parciais do programa, cada unha na súa sede, ensaios que van continuar os vindeiros días ata a realización do primeiro concerto.

Ademáis do concerto de Xove, están programados:

   -20 de Maio: Auditorio de Mondoñedo.

   -18 de Novembro: Auditorio de Burela.

   -25 de Novembro: Igrexa de San Francisco de Viveiro.

Recordamos que nesta actividade participan, ademáis das catro agrupacións musicais antes citadas, os Concellos  de Xove, Viveiro, Burela e Mondoñedo, así como a Deputación de Lugo a través da Vicepresidencia de Cultura.