Presentación do Taller de Iniciación Musical de Xove

Un grupo de profesores e alumnos da Escola Municipal de Música de Xove ofreceron, onte pola mañá, un concerto para presentar o TALLER DE INICIACIÓN MUSICAL que a nosa Escola está a organizar para os alumnos que desexen participar do Colexio Pedro Caselles Rollán. O Concerto, que se desenvolveu no ximnaso do Colexio Pedro Caselles, contou cuns 150 alumnos do mesmo.

O taller vaise desenvolver na sé da Escola M. de Música, no antigo Colexio de Palmeiro, dende o 18 de maio ata o 22 de xuño. (Para unha maior información sobre o taller, porse en contacto con: Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove. Teléfono de Xulia: 677.83.88.12)