Visita escolar do CEIP Pedro Caselles Rollán

Un grupo de 21 alumnos, acompañados de dúas profesoras, do CEIP Pedro Caselles Rollán fixeron unha visita ao noso Concello, onde foron recibidos polo alcalde Demetrio Salgueiro no Salón de Plenos. Os alumnos, de 3º de Primaria, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do Concello, para o cal viñan provistos dun pequeno cuestionario con preguntas como “Que se sinte ao ser alcalde?”, “Como se organiza o Concello?”, “Como se recadan os impostos municipais?, etc., a tódalas cales lles respostou o alcalde. Lóxicamente,  a laboura dos nenos non quedou ahí, xa que  tiñan que rematar posteriormente o traballo no cole co material recopilado na entrevista co alcalde.