Entrega do premio concurso cartel Festas Xove 2016

 

O Concello de Xove,  ao obxecto de incentivar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, decideu convocar un Concurso para confección do cartel das Festas do San Bartolo 2016. O prazo para presentar os deseños rematou o pasado 1 de xullo; pois ben, reunido o xurado, decideu conceder o premio de 150 € ao deseño presentado pola nena de  cinco anos Sara Cancela Trastoy

Hoxe pola mañá o alcalde Demetrio Salgueiro fíxolle entrega do premio á nena, que estivo acompañada pola súa nai e súa irmá, así como pola concelleira de cultura Dolores Meitín e un representante do xurado.