Actividade de Educación Medioambiental 2016

“Separemos Ben, Reciclaremos Mellor”. Campaña Medioambiental na Praia de Esteiro  

Esta campaña vaise desenvolver mañá 17 de agosto na praia de Esteiro (Xove).  Trátase dunha actuación enmarcada na nova edición da campaña institucional  "Separemos ben, reciclaremos mellor" que promoven a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de envases lixeiros, envases de vidrio, pilas e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimilec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum. Nesta campaña colabora o Concello de Xove.

Desde a organización da campaña, poñemos a disposición do concello de Xove unha aula móbil de medidas 7,5x3,5 m. onde monitores ambientais se encargarían de explicar á cidadanía as pautas para unha adecuada xestión de residuos, así como solventar todas aquelas dúbidas que puidesen xurdir aos presentes. Tamén se porá a disposición da cidadanía un inchable para os nenos de medidas 6x6m e un servizo de ecopatrulla que informará polo propio areal aos usuarios das actividades a realizar, así como realizará recollidas simbólicas re residuos.

Para aquelas persoas que queiran participar nesta campaña e nas actividades da mesma, decir que se vai desenvolver mañá, mércores 17 de agosto na Praia de Esteiro, en horario de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde.