O noso Concello puxo en marcha, un ano máis, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. As principais características deste Concurso, son:
Poderán participar tódolos rapaces/as do Concello que o desexen.
As postais estarán relacionadas con motivos navideños.
Os traballos realizaranse en cartulina, folio, etc, axustado ao tamaño dunha cuartilla (a metade dun folio).
Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal de Xove, rematando o prazo de entrega o 16 de decembro de 2.016 (incluido).
No momento da entrega, haberá que cubrir a ficha de inscrición establecida, incluindo os datos seguintes: nome e apelidos do/a concursante, curso e colexio/instituto no que estu- dia, enderezo onde vive, nome, apelidos e DNI do pai, nai ou titor/a (maior de 18 anos) e un tfno. de contacto.
A técnica a empregar será libre: debuxo a lapis, rotuladores, ceras, collage, etc.
No concurso haberá as seguintes categorías: Categoría Preescolar (nen@s de 3, 4 e 5 anos). Categoría de 1º e 2º de Primaria. Categoría de 3º e 4º de Primaria.Categoría de 5º e 6º de Primaria.Categoría de 1º a 4º de ESO.
Haberá tres premios por categoría: un primeiro, un segundo e un terceiro. Os premios consistirán en lotes de libros/material escolar.
O Xurado poderá deixar deserto calquera dos premios se así o considera oportuno. O fallo do xurado darase a coñecer antes do 31 decembro.
Os traballos presentados exporanse na Biblioteca Municipal. Un dos traballos premiados nesta edición, podería ser escollido polo Concello como postal institucional o vindeiro ano.