NADAL 2016-2017 .-Gran Concerto de Nadal

O Concello continúa coas actividades programadas  para este Nadal, concretamente, para mañá, mércores 28 de decembro, a Concellería de Cultura ten programado o GRAN CONCERTO DE NADAL, que tódolos anos organiza a Escola Municipal de Música, coa colaboración da Asociación Prestoxove.

O concerto vaise desenvoler a partires das 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, con entrada libre e gratuita para todos. No mesmo vanse interpetar obras de Bellwood, V. Williams, Shostakovich, Mendelssohn e R. Binge.