Concerto de Nadal 2016 na Residencia San Bartolomé

Un ano máis, e coincidindo co Concerto de Nadal que tódolos anos organiza o noso Concello, un grupo de músicos da Orquestra Clásica de Xove e da E. M. Música de Xove ofreceron un pequeno Concerto a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove.  Este Concerto entra dentro das numerosas actividades nas que o noso Concello colabora ao longo de todo o ano coa Residencia San Bartolo. Nesta ocasión ofrecéronlles varias pezas populares e de Nadal, que foron seguidas con moito interese polos residentes.
Adxunto varias fotografías do acto.