Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

“Nadal de Vila en Vila" en Xove....

Mañá, Xoves 5 de xaneiro, no Salón de Actos do Centro Cívico, ás 12:00 horas. Entrada Libre. Dirixido a familias con nenos/as a partires dos 4 anos. Dende a Rede de Dinamización Lingüística estase a traballar para poñer en marcha unha nova edición do programa Nadal en Rede, destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal (cartas aos Reis Magos, Cabalgatas, felicitacións etc.). Como vén sendo habitual nos últimos anos, o programa incluíra tanto actividades de dinamización lingüística coma recursos dixitais que estarán accesibles proximamente desde o Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

O Concello de Xove está incluido na relación dos que acollen actividades deste tipo, neste caso 'Nadal de vila en vila', un obradoiro de música de Nadal en galego destinado a achegarlles aos participantes as tradición musical galega das festas do Nadal mediante a interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis, aginaldos etc da man dos coñecidos músicos Uxía e Santi Cribeiro. Nel, a participación dos asistentes será activa e recibirán con este fin diferentes instrumentos de percusión (botellas de anís, paus, cunchas...) cos que acompañar as voces. A partir dun conto de Nadal que guiará a introdución das distintas pezas, proxectaranse imaxes e letras dos cantos e entregaráselles aos participantes unha edición especial de letras de temas musicais tradicionais propios destas datas.

A duración desta actividade, deseñada en exclusiva para o programa Nadal en Rede, é de 50 minutos, vai dirixida a familias con nenos a partir dos 4 anos e está pensada para desenvolver en espazos culturais municipais (casas da cultura, auditorios, centros socioculturais ou similares).
Trátase dunha actividade da REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA que conta, neste caso, coa colaboración da CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE XOVE.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo