Presentación da última novela de Rita Morrigan

A comezos de novembro pasado recibíamos con gran satisfacción no Concello a noticia da concesión do PREMIO VERGARA a Rita Morrigan pola súa novela CORAZONES EN EL CAFÉ. Aclaro, para quen inda non o saiba, que Rita Morrigan é o seudónimo da nosa compañeira Lucía Meitín. Pois ben, esta novela vai ser presentada este vindeiro sábado, 28 de xaneiro, no Salón de Actos do Centro Cívico.  A esta presentación, que comezará a partires das 18:30 horas, están invitados tódolos veciños do noso Concello e  tódolos amantes da boa literatura, xa que se trata dunha cita aberta ao público en xeral. A presentación vai correr a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín.   

 Durante esta presentación, como noutras anteriores, Lucía vai manter unha charla cos asistentes, respostando ás preguntas dos seus lectores. Para aquelas persoas que queiran o libro e inda non tiveran a oportunidade de mercalo, vai haber un posto de venda na entrada do Salón. Ademáis, ao final, Lucía vai firmar e adicar o seu libro a tódalas persoas que llo pidan.