Campeonato de Bolos Xove ' 2017

CAMPO FÚTBOL DE XOVE – Sábado, 28 DE XANEIRO 2017.- INCIDENCIAS DA 14ª TIRADA.- Salientar que, antes de comezar as tiradas, o secretario da Federación Galega de Bolos Ginés Rodríguez fíxolle entrega ao alcalde de Xove Demetrio Salgueiro dun agasallo (unha base con bolos e bolas de madeira) en recoñecemento á laboura que desenvolve o noso Concello dende hai moitos anos na preservación e na promoción deste deporte popular, que tanto arraigo ten en Xove. Pola súa parte, o alcalde agradeceu o agasallo, resaltando o compromiso do Concello de Xove  con este deporte e cos moitos practicantes de Xove  que disfrutan todo o ano deste ancestral xogo. 

 

Rematado este acto, desenvolveuse a 14ª tirada.Tarde moi agradable, boa  participación nas categorías Sub 18 e Feminina.

Campo en condicións aceptables.

Liga Senior Masculina.- A primeira sorpresa foi que un dos líderes, Arturo Vigo, non foi capaz siquer de puntuar, o que aproveitaron os seus inmediatos perseguidores para recortarlle distanzas. Isto costoulle a Arturo o liderato, que agora ten Rafael González en solitario, e tamén o segundo posto, agora en mans de Jordi Meitín.

A victoria nesta categoría estivo moi reñida xa que ata tres xogadores empataron a tantos en cabeza, tendo que realizar un desempate tal como mandan as normas.

Excelente sigue a ser a tempada do xove Daniel Alonso, terceiro nesta ocasión, e que está a realziar unha grandísima segunda volta, o que nos alegra moito xa que sabemos que vai a ser, e xa prácticamente é, un dos grandes xogadores da Liga, xunto con Miguel López, que inda que baixou o rendemento nesta segunda volta, mantense en quinta posición, iso sí, con José Manuel Cociña pisándolle os talóns.

Polo tanto, a falla de catro tiradas para rematar, todo prácticamente por decidir nesta categoría, o que fai que esta parte final sexa apaixoante.

Liga Senior Feminina.-  Poucas variacións na cabeza; Belén Meitín sacoulle un punto nesta tirada a Salomé Cardoso, co que a diferenza entre elas redúcese a só 4 puntos, polo que nas catro tiradas restantes todo pode pasar, que Belén se distancie máis ou que Salomé dé o sorpaso.

Por detrais, esta semana foi  Carmen Roca quen recortou distancias, e agora está a só tres puntos de Salomé Cardoso e da terceira praza do caixón, polo que tamén a pelexa por esa praza vai ser dura nas catro tiradas restantes.

Liga Sub 16.- Nova victoria de Julia López, sétima consecutiva consecutiva, e co título prácticamente ao alcance da man. Por detrais, Javier Alonso consolídase na segunda posición, e Hugo Pérez mantén a terceira, ameazada por Raquel Cociña. Posiblemente entre Hugo e Raquel esteña a emoción final nas catro tiradas restantes, xa que a primeira e segunda posición están moi definidas.

A vindeira tirada vai celebrarse no CENTRO SOCIAL DE A VARA, o SÁBADO, 4 DE FEBREIRO  DE 2017.