C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Conoce Xove
Administración Local
Deporte
Urbanismo
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2017 son as seguintes:

  • 28 de febreiro de 2017    (Martes de Antroido)
  • 21 de agosto de 2017      (Festa Patronal de San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  2017

 

Imposto Municipal de Vehículos : 20 abril ata o 20 de xuño de 2017.-

 

I.B.I.: Rustica e Urbana:  15 de setembro a 15 de Novembro 2017.-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de decembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).  

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

       HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:

  De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30 

  

Entregados os Premios do Concurso de Caretas de entroido

 Esta entrega, que se desenvolveu no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.- O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar. Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar  a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os premiados/as foron:

   1º.- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

      1º Premio: ABEL MEJUTO GARCÍA..

      2º Premio: PAULA SÁNCHEZ PERNAS.

      3º Premio: AROA PITA RODRÍGUEZ.

   2º.- Categoría 1º e 2º de Primaria:

      1º Premio: ALEJANDRO FLORES ESCOBAR.

      2º Premio: CHRISTIAN VILLARQUIDE PLATAS.

      3º Premio: ANDREA EIJO RODRÍGUEZ.

   3º.- Categoría 3º e 4º de Primaria:

      1º Premio: DANIEL BERTOLO CASABELLA.

      2º Premio: EDUARDO FLORES ESCOBAR.

      3º Premio: ENMA BUJÁN ROUCO.

   4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:

      1º Premio: IAGO PÉREZ TEIJEIRA.

      Os restantes premios quedaron desertos.

Por último, sinalar que tódolos traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes  na Biblioteca Municipal de Xove.

histórico de noticias

Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo