Participación do Club Ciclista Komando Xoviético no Desafío Volta a Lugo

Cinco  ciclistas  do Club Ciclista Komando Xoviético de Xove  participaron o fin de semana pasado no Desafío Volta a Lugo. Concretamente foron  Xosé López Hermida, Andrés García Piñeiro, David Díaz Meitín, Jacobo Díaz Meitín e Jairo Míguez Baño; este último lexionouse e non puido acabar o Desafío, razón pola cal non aparece na fotografía que adxuntamos.