Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Inauguración do novo campo de Fútbol de Herba Artificial

Hoxe, sábado 17 de xuño, a partires das 18:00 horas, desenvolveuse a INAUGURACIÓN DO NOVO CAMPO MUNICIPAL DE HERBA ARTIFICIAL, que se acaba de construir sobre o vello campo de entreno anexo ao Campo Municipal de Fútbol de Xove. Para esta inauguración contamos, ademáis do noso alcalde Demetrio Salgueiro, co Presidente da Deputación Darío Campos e co xefe de servizo de Deportes da Delegación Territorial da Xunta en Lugo Manolo Cadramón.

A obra, podemos decir, fíxose en dúas fases, iso sí, contínuas. Na primeira abordouse o propio campo e o entorno (campo de xogo, accesos, bancadas, porterías e equipamento en xeral). En total, estamos a falar dunha actuación nun espazo de 6.501 metros cadrados, dos que 5.555 metros cadrados corresponde ao propio campo de fútbol. Esta fase tivo un presuposto total de 514.250 €uros, dos cales o noso Concello aportou 264.250 €uros e a Deputación de Lugo 250.000 €.

Na segunda fase, realizada a continuación da primeira, dotouse ao campo duns BAÑOS PARA O PÚBLICO e unha CANTINA. O investimento total nestes dous espazos foi de 60.482,47 €uros, financiados integramente polo noso Concello.Polo tanto, e resumindo, o investimento total realizado nesta nova instalación foi de 574.732,47 €, dos cales o noso Concello aportou 324.732,47 €.

Dentro das características técnicas, decir que os materiais empregados na construcción deste novo campo, no que respecta ao céspede artificial, son do máis moderno, de última xeneración. Tamén destacamos na súa construcción un tema que nós parece importante, que é a rede de drenaxe do campo, que irá conectada mediate bombeo a un depósito de recollida e aproveitamento de augas pluviais, que suporá para o Concello un aforro no consumo de auga, xa que a instalación ven preparada para recoller e reciclar as augas pluviais.

Recordamos que estas son as últimas actuacións realizadas, coas que se completa definitivamente a modernización do campo. Pero antes destas actuacións, o Concello dotou ao campo dunha nova grada para o público e, ademáis, realizou unha gran ampliación do campo na parte norde do mesmo, coa creación dunha gran escollera que permiteu ampliar o terreo de xogo nun montón de metros. Polo tanto, agora, coas novas actuacións, podemos disfrutar dunhas instalación moi completas e moi modernas.

O campo está preparado para acoller FÚTBOL 11  e FÚTBOL 7, polo cal, tódolos nenos/as do Concello que lles guste o fútbol, dende os máis pequenos aos máis mayores, poderán utilizar esta instalación. Como dato, que nós parece importantísimo xa que por sí só xustifica a creación desta instalación deportiva, decir que uns  100 nenos/as e rapaces/as do noso Concello están inscritos e xogando ao fútbol actualmente en Xove, dentro da ACD Xove e da U.D. Xove-Lago.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo