“En Xove, fútbol xove”, exposición de fotografía

A presentación desta exposición realizouse o pasado sábado 17 de xuño, coincidindo coa Inauguración do novo campo de céspede artificial de Xove. Nesta presentación puídose ver unha selección 15 fotografías.  Pois ben, a exposición ao completo vaise abrir hoxe, martes 20 de xuño, na Sala de Exposicións do Centro Cívico;   vai estar aberta diariamente, en horario de 18:00 a 21:00 horas, ata o domingo 2 de xullo.

Esta exposición, conformada por 44 fotografías adicadas aos nenos/as e rapaces/as da ACD Xove e da U.D. Xove-Lago. De feito, foron os propios clubs (ACD e U.D. Xove-Lago) os que nos proporcionaron tódalas fotografías que conforman a exposición. Destacar, neste sentido, que 29 das fotografías foron realizadas por Antonio Vázquez, pai dun dos rapaces que xoga na U.D. Xove-Lago, o cal ven facendo, dende hai uns anos, un seguimento fotográfico das actividades deportivas da U.D. Xove-Lago.

A Exposición, organizada polo Concello con motivo da inauguración do novo Campo de Fútbol, pretende ser unha homenaxe do Concello a tódolos nenos/as, rapaces/as, técnicos, pais, directivos,.. que conforman o mundo do fútbol en Xove.