Presentación dunha nova asociación en Xove

Mañá, sábado 24 de xuño, ás 13:00 h. na Praza do Centro Cívico, vai ter lugar a PRESENTACIÓN DO CLUB AUTOCLÁSICOS DA MARIÑA, club formado por afeccionados aos coches, motos e outros vehículos clásicos.

O Club xa conta cuns 40 socios, estando ademáis nun período aberto a novas admisións, polo que aquelas persoas que gusten deste mundo poden achegarse mañá a Xove e inscribirse no mesmo.Previamente, ás 11:00 horas, tamén na Praza do Centro Cívico, vai ter lugar unha xuntanza de tódolos asociados, que virán acompañados dos seus vehículos antigos.

Desde a Praza do Centro Cívico van facer un percorrido polo Concello ata o Faro de Roncadoiro, para estar de regreso outra vez na Praza un pouco antes das 13:00 horas.

 

Para unha maior información: Javier Rodríguez Fernández – PRESIDENTE ASOCIACIÓN .- tfno: 652 36 46 10.-; Iván González Meitín – VICEPRESIDENTE ASOCIACIÓN.-   tfno: 605 817 517.-