Clausura da Escola de Maiores e Taller de Memoria

Hoxe, venres día 23, 40 alumnos da “Escola de Maiores” do Concello de Xove asistiron a unha comida no restaurante "Louzao", organizada por eles mesmos, para clausurar o curso escolar. Durante a comida estiveron acompañados polo  Alcalde, Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella, que unha vez finalizada a comida encargáronse de entregar os diplomas a cada asistente.

TALLER DE MEMORIA.- Como todos os anos, o Departamento de Educación Familiar do Concello de Xove organiza un Taller de Memoria, dirixido ás persoas maiores de 60 anos do municipio. O taller impartirase durante todo o mes de xullo en horario de mañá. Inscríbese no Departamento de Educación Familiar ata o día 30 de xuño.