Nova campaña medioambiental do Concello de Xove

SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR

 Dende xa hai anos o noso Concello promociona a recollida selectiva de residuos. Pois ben, hoxe estamos a desenvolver a Campaña “Oportunidades de Galicia – Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de Sogama e o SIG ECOEMBES e, por suposto, o noso Concello.A campaña, que se está a desenvolver na Praza do Centro Cívico, consiste nunha carpa informativa onde monitores ambientais informan aos presentes sobre os beneficios da recollida selectiva o reciclaxe de residuos, tratando de sensibilizalos para levar a cabo esta práctica.  Escollemos o día de hoxe para chegar a un maior número de persoas ao coincidir co mercado semanal   Dende o Concello, e dado que se considera moi importante a preservación do medioambiente e a reciclaxe como un bó medio para esa preservación, invitamos e animamos a tódolos nosos veciños e visitantes a participar nesta campaña e a realizar unha reciclaxe cada vez mellor.