Exitazo da Iª Concentración de Clásicos de Xove

O pasado sábado, 23 de setembro, desenvolveuse en Xove a Iª CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS DE XOVE, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos.  A organización contou, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de todo o termo municipal. Para realización desta xuntanza, primeiro fíxose unha convocatoria previa na que se inscribiron 71 coches máis 16 motos. Chegado o día, todos estes vehículos concentráronse a partires das 10 da mañá na Praza do Centro Cívico de Xove. A organización recibeu vehículo por vehículo, sendo estes perfectamente ordenados na Praza.

   Hai que decir que o día foi perfecto, cun día soleado e unha temperatura moi agradables; isto fixo que a presencia de espectadores fose moi numerosa, achegándose xentes de toda a Mariña a velos distintos modelos de coches e de motos.

A última hora da mañá, sobre as 13:30 horas, tódolos coches e motos clásicos partiron para facer unha ruta pola costa do Concello, pasando polas parroquias de Lago, Morás, Portocelo e Xuances.

   A ruta continuou cara o Concello de Viveiro, facendo unha primeira parada na Praia de Area, en cuxo entorno tódolos participantes puideron tomar un pequeño refrixerio, para, de seguido, continuar ata o Restaurante Louzao, onde disfrutaron dun xantar de confraternidade.

   Ao remate do xantar, nun acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro, a organización realizou a entrega dos premios nas distintas categorías.

   Como balance desta Iª edición, a organización quere mostrar a súa satisfacción pola excelente acollida que tivo esta iniciativa entre tódolos amantes dos vehículos clásicos, e espera que en vindeiras edicións esta Concentración poida seguir crecendo en tamaño e calidade.

   Por último, a organización quere dar as grazas a tódolos colaboradores (casas comerciais, Concello de Xove) e participantes pola súa presenza nesta primeira edición.