Recoñecemento os xogadores/as do Club de Bolos Xove

O Concello de Xove, a través da Concellería de Deportes, apostou xa hai moitos anos polo xogo dos bolos. Este deporte popular, dentro do cal Xove ten unha modalidade propia, ten un amplo arraigo no noso Concello, que organizou recentemente unhas Xornadas de promoción dos Bolos no CEIP Pedro Caselles e no IES Illa de Sarón de Xove, co fin de impulsar este deporte nas categoría inferiores, entre os/as máis xoves. Ademáis, como é ben coñecido pola opinión pública, o Concello organiza unha Liga de Bolos que este ano vai pola XXIX edición.

Dentro deste ambiente deportivo, en Xove creouse hai xa bastantes anos o Club de Bolos Xove, club que recolle prácticamente á totalidade de xogadores e xogadoras do Concello e que compite regularmente por todo Galicia, participando tamén en campeonatos nacionais e internacionais.

HOMENAXE DO CONCELLO DE XOVE

Recentemente o Club participou no Campeonato Nacional Femenino celebrado en Gijón e no cal as parella de xogadoras xovenses Carmen Roca e Salomé Cardoso  acadaron o 3º posto final; tamén o Club participo una Campeonato de España Juvenil, celebrado en Mediaaldea do Concello de Baiona, conseguindo Daniel Alonso e Jose Miguel López facerse coas 1ª e 2ª posicións finais respectivamente.   Pois ben, a estes catro xogadores (Carmen Roca, Salomé Cardoso, Daniel Alonso e José Miguel López) fíxolles o Concello unha homenaxe este pasado sábado, en recoñecemento aos excelentes resultados deportivos acadados nos recentes campeonatos nacionales, e tamén, como remarcou o alcalde Demetrio Salgueiro, por levar o nome de Xove por toda Galicia e outros lugares de España. Esta homenaxe é tamén un recoñecemento ao gran traballo que está a desenvolver o Club de Bolos Xove a prol deste deporte popular.

   Os homenaxeados/as, que estiveron acompañados tamén pola concelleira Cristina Iglesias e  por varios componentes do Club, recibiron de mans do alcalde un agasallo en recordo desta data.