Tirada de Bolos -Centro Social de Monte-

INCIDENCIAS DA 3ª  TIRADA .- (C. SOCIAL DE MONTE - Sábado, 28 de outubro 2017)

 28  INSCRITOS: 17 NA LIGA SENIOR,  4 NA LIGA SUB 16   E   7  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                  NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ 319 12
SEGUNDO LUIS RANCAÑO BOUSO 305 10
TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 290 8
CUARTO ALEX MEITÍN SERANTES 283 7
QUINTO JOSÉ MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 260 6
SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 258 5
SÉTIMO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 253 4
OITAVO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 252 3
NOVENO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 243 2
DÉCIMO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 238 1
MELLOR BOLADA LUIS RANCAÑO BOUSO 94 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ 117 6
SEGUNDO JAVIER ALONSO LÓPEZ 35 4
TERCEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO 34 3
CUARTO HUGO PÉREZ MEITÍN 30 2
QUINTO     1
MELLOR BOLADA JAVIER ALONSO LÓPEZ 35 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 236 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 172 4
TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL 167 3
CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 140 2
QUINTO PAULA CAMPO SUÁREZ 120 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 68 1

 Tarde agradable e  campo en bó estado.

Liga Senior Masculina.- Mala tirada a realizada por J. Rafael González, quen, cun só punto obtido perde o liderato a favor de Álex Meitín. Terceiro xa está o vixente campión Arturo Vigo, seguido de Francisco Pérez e Luis Rancaño. Destacar aquí a excelente tirada realizada por Daniel Alonso, quen, grazas á súa victoria, pasa a ocupar a sexta posición, seguido por outra das grandes promesas deste campionato como é José Miguel López, sétimo na xeral.

Esta categoría, tal como prevemos ao principio, está e con toda probabilidade vai a estar moi reñida; diante de figuras consagradas como Rafa, Arturo ou Alex, temos a xogadores como Daniel e José Miguel que veñen puxando moi forte, e que seguramente non tarderemos moito en velos trunfar nalgunha ddas próximas edicións deste campioanto.

Liga Senior Feminina.- Excelente a temporada que está a realizar ata o momento Salomé Cardoso, xa que con dous primeiros e un segundo postos encabeza holgadamente a clasificación con 17 puntos; Salomé seguramente querrá repetir a súa victoria da temporada 2015/2016.

Tendo en conta o historial,  temos dúas xogadoras que gañaron a Liga Senior Feminina 3 veces: Carmen Corral ( 09/10 – 11/12 – 12/13) e Belén Meitín (13/14 – 14/15 – 16/17); tamén elas seguramente van tratar esta temporada de desfacer o empate, e son tamén claramente dúas candidatas ao trunfo final. Polo momento as diferenzas non son moi grandes, e esperamos que sigan así, polo ben e a emoción do campionato ata o final.

Liga Sub 16.- Excelente victoria de Christian Cociña, o xogador máis xove que participa no campionato. Polo resto, mal tirada realizada polo resto de xogadores, comezando pola líder Julia Formoso e o segundo clasifica na xeral Javier Alonso, quens non foron capaces de conseguir máis que 35 e 34 tantos nas súas respectivas tiradas.

A participación nas Ligas Senior Masculina e Feminina está sendo francamente boa; o que si estamos notando é unha baixa participación nesta Liga Sub 16; esperemos que as xornadas adicadas aos bolos no Colexio Pedro Caselles e no IES Illa de Sarón cometen a dar os seus froitos e máis nenos e nenas se acheguen a participar neste deporte.

Debido a coincidencia con partidos de fútbol da U.D. Xove-Lago, tivemos que variar o calendario, quedando así as dúas próximas tiradas:

   -CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO, O SÁBADO 4 DE NOVEMBRO  DE 2017.

   -CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, O SÁBADO 11 DE NOVEMBRO  DE 2017.