VII Concurso de Karaoke

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar mañá, venres 22 de decembro, un dos pratos fortes deste amplo programa de actividades coa celebración da SÉTIMA EDICIÓN do CONCURSO DE KARAOKE, que se vai desenvolver a partires das 21:30 horas  no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, esperando que, coma o pasado ano, o público encha este emblemático recinto municipal.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para  maiores de 18 anos. A inscrición neste Concurso é totalmente gratuita. A inscrición vai estar aberta mañá, día de celebración do Concurso, pola mañá en horario de oficina no Departamento Municipal de Cultura, e pola tarde en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse. 

Nestes intres o persoal do Concello está a traballar arreo para que mañá o Pavillón esté a punto e  reluzca coas suas mellores galas.Os participantes das distintas categorías tamén terán mañá, antes do concurso en horario de 17:00 a 19:00 h., a oportunidade de ensaiar a canción que presenten, iso sí,  a orde de ensaio vaise facer tendo en conta a orde de inscrición.

 Dende o Concello aproveitamos para invitar a todo o mundo, veciño e visitantes, deste magnífico espectáculo músico-vocal. A entrada ao mesmo e TOTALMENTE LIBRE E GRATUITA.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialmente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 22 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén este mesmo día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 15 de decembro ás 14:30 horas.

En canto aos premios do Concurso, temos:CARTEL KARAOKE

        Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros

        Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros

        Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros

        Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros

        Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros

        Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros

E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.

MODELO DE SOLICITUDE, E CONVOCATORIA NA SEDE ELECTRÓNICA

Listado De Cancións Concurso Karaoke Xove 2017

NOTA: TÓDOLOS VIDEOS DENDE 2012 ATA 2016 NA SECCIÓN CORRESPONDIENTE-->